Estrasburgo, 25 de novembro de 2015.- No marco da sesión plenaria que está a ter lugar en Estrasburgo durante esta semana, o Parlamento Europeo debateu como primeiro punto da orde do día deste mércores a situación xerada na Unión Europea logo dos atentados sufridos en París o pasado venres.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, reiterou o seu “máis fondo pesar e total rexeitamento aos recentes atentados de París, Túnez, Beirut e Bamaco. Non hai escusa, nin xustificación para o terrorismo”, salientou. Aliás, recalcou a eurodeputada galega, “manifesto tamén o mesmo pesar e rexeitamento polas mortes que ocasionan as potencias occidentais alí onde están intervindo”. Porque, abondou, “o que vostedes chaman ‘efectos colaterais’, son tamén asasinatos de civís indefensas e indefensos, vítimas exactamente iguais que as que provocan os terroristas”.
Senra instou ao Parlamento a reaccionar con responsabilidade e non contribuír a un aumento da tensión internacional, porque “a violencia, xera violencia, e non son as armas nin a vinganza o xeito de resolver os conflitos”.
Os intereses económicos e neocoloniais dos Estados do Norte levan décadas xerando pobreza e miseria nos países do Sur, provocando e alentando guerras, conflitos e enfrontamentos fraticidas “co único fin de manter no poder a quen en cada momento entenden que apoia os intereses económicos das multinacionais para as que gobernan”, sinalou. “Nestes mesmos días moitas voces están lembrando como a propia Hillary Clinton confirmou que os Estados Unidos financiaron a Al Qaeda, ou as recentes declaracións de Blair asumindo que a intervención en Irak foi un aliciente para o reforzamento do ISIS”, citou como exemplo.
Polo tanto, tras a esta presión bélica reiterada contra países concretos que están a impoñer as potencias occidentais, “non se atopa a vontade de velar pola nosa seguridade, nin tampouco a de apoiar a democracia nin a mellora das condicións de vida dos pobos do Sur, senón o interese duns poucos”.
Lídia Senra tamén criticou duramente hoxe dende Estrasburgo o xeito no que se están a instrumentalizar os atentados perpetrados en París o pasado 13 de novembro, esixindo que as institucións europeas e os gobernos do Estados “non caian na tentación de crear pánico nos nosos pobos e xerar un clima de terror para que aceptemos de bo grado mais intervencións militares no exterior e maiores medidas represivas nos nosos países”, unha situación que, ademais, contribuiría a xerar medo e rexeitamento cara as persoas refuxiadas que chegan a territorio europeo, “persoas que precisamente foxen das consecuencias das nosas actuacións”.
Así, a eurodeputada de AGEe acusou aos gobernos occidentais de estar a intentar empregar a loita contra o terrorismo “para introducir as medidas represivas que vostedes precisan para silenciarnos mentras nos rouban os bens comúns e os servizos públicos, destrúen emprego e déixannos sen teito nin pan”, enfatizou Senra.
“Se realmente queren combater o terrorismo prohiban o tráfico e venda de armas, denuncien a quenes financian estes grupos a través da compra de petróleo a baixo custo, bloqueen as súas fontes de financiamento”, recomendou. Para procurar realmente unha convivencia en paz, “permitan que os pobos recuperen realmente a súa soberanía e podan ser donos dos seus propios recursos”.
“Eu dígolles que non”, concluíu con contundencia a eurodeputada de AGE, “non á guerra, non á intervención militar, nin no meu nome nin no da inmensa maioría da poboación, que queremos a paz, a dignidade e a liberdade e cremos na solidariedade”. “Poñan fin á guerra e dirixan os seus esforzos a establecer unha cultura da paz”, demandou no Parlamento Europeo.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



