As sinais de identidade de vila de Cruces, concello da comarca do Deza, son o poboado mineiro de Fontao, testemuño dos tempos do histórico wolfran,a banda de música de Merza e o escritor Xosé Neira Vilas.
É ben coñecida a tradición bandística de Pontevedra,provincia segunda do estado, despois de Valencia, en número de bandas populares; pero aínda coñecido o dato resulta sorprendente e admirable que unha aldea de pouco mais de 200 habitantes conte co colectivo bandístico mais antigo de Galicia, dos mais prestixosos, e que a súa escola de música a formen un plante de nove profesores e preto de cen alumnos; a carón da igrexa parroquial unha modesta edificación loce na fachada un escudo coa lenda: “S.C. Banda Artística de Merza”.
Os veciños non ocultan a fachenda e alí mesmo unha lugareña díxonos: “ A nosa banda gaña tódolos premios”. Todos non, engadimos nós; pero moitos sí.A relación de galardóns, ó longo de tanto tempo, sería interminable. Vella coñecida nosa a nengunha coma ela temos escoitado interpretar as “Bodas de Luis Alonso” que co “Sitio de Zaragoza” difícilmente faltaba en todo concerto festeiro nos tan afastados tempos da nosa adolescencia.
A grande figura literaria do Deza é, sen dúbida, Xosé Neira Vilas, que acaba de deixarnos.
Coñecimos persoalmente ó insigne autor de “Memorias dun neno labrego” o ano 1994, cando pronunciou en Foz o pregón da feira do libro e dende entón mantivemos con él e a súa dona Anisia Miranda, tamén escritora, unha moi cordial amizade.
De entón conservamos no caótico arquivo unha carta na que nos dí: “ Volvín contento de Foz.Había moita xente na inauguración. Firmei moitos libros e recibín moi cordiais atencións Teño estado neste ano e no que pasou en varias feiras, como pregoeiro e firmando nos meus libros, e a de Foz foi a mais concurrida( mais incluso que a de Santiago e Ferrol) no acto e cirimonia inaugural. É a primeira vez que vou a unha feira do libro mais alá de Lugo ou Monforte, ou sexa, ó norte ben norte do noso país, e a experiencia resultou francamente fermosa”… Omitimos varias liñas por tratarse de alusións persoais, e remata Neira Vilas: “Todo, pois, moi alentador, moi ilusionante, e quería decircho directamente”.
Pasado algún tempo fixemos unha visita á parella na súa casa da aldea de Gres onde coa vivenda ten a sede a Fundación Neira Vilas en edificación singular proxectada polo arquitecto César Portela, coa biblioteca e o museo, que ambos doan – continente e contido- para formar parte do patrimonio do pobo. Ao despedirnos, unha encomenda:”Non vos marchedes sen coñecer as ínsuas do Ulla”. Pretiño da súa casa, nun remanso do río,de bucólica beleza,un archipiélago, que son outras tantas carballeiras,comunicadas entre sí por senllos postigos,compoñen unha estampa de insólita fermosura. Unha destas foi escenario da homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega rendiu en 1990 ó ilustre intelectual. Un soneto, gravado en pétreo monolito,perpetúa o feito: “Auga, pedra, sol e vento/ aquí a ledicia é tanta/que todo rebule e encanta/e o Ulla vaise contento./ Teño nesta terra asento/ e un sentimento profundo/un amor vivo e rotundo/ polo val onde nacín;/ son deste anaco do mundo”. Nunca esqueceremos ó poeta nen ó amigo.




















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



