Lugo, 12 de decembro de 2015.- O PSOE levou este sábado a súa campaña de mobilización cara as eleccións xerais do 20 de decembro ao Valadouro e á Pastoriza, onde abordaron cos veciños a situación de desemprego e das pensións. Con datos públicos e oficiais, os socialistas explicaron que dende que goberna o Partido Popular en Galicia e Madrid o número de desempregados na provincia se duplicou e os maiores con pensións mínimas perderon 25 millóns de euros. “A pesares desta situación real, todos os partidos políticos, agás o PSOE, garante a continuidade do PP. Agora xa está todo moi claro. Ciudadanos é de dereitas e vaia apoiar a Rajoy. E Podemos só quere desgastar ao partido socialista e non deixar que goberne, rompendo o voto da esquerda. Polo tanto, a nosa responsabilidade é saír a gañar porque somos o único partido que pode traer o cambio a España”, remarcou Iago Fernández, mozo de 25 anos e número dous do PSOE ao Congreso.
No Valadouro, xunto a Iago Fernández, estivo o Alcalde, Edmundo Maseda. Falando tamén sobre emprego e pensións na Pastoriza, estiveron os candidatos ao Congreso Ricardo Pavón, outro mozo de 29 anos, e Margarita Pérez Herraiz; o cabeza de lista ao Senado, Ricardo Varela, o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, e o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde.
O dobre de parados con menos xente. Propostas
Iago Fernández explicou aos veciños que “no segundo trimestre de 2009, cando entrou o PP a gobernar en Galicia, a EPA sinalaba que na provincia de Lugo había 9.760 parados. A última enquisa feita pública di que hai 22.391. É dicir, as políticas do Partido Popular, os que ían a solucionar o desemprego en poucos días, supuxeron que hoxe temamos máis do dobre de parados. Pero hai que ter en conta, a maiores, que 40 mozos galegos abandonan cada día a nosa Comunidade para buscar traballo. É dicir, realmente a cifra de desempregados é maior. A isto súmase o feito de que o 50% dos parados non cobren prestación algunha, cando antes, co PSOE, o facía máis do 80%; ou que o valor salarial en Galicia baixase nun 10%. A situación á que nos someteu o PP é de absoluta pobreza. Está claro que con eles non vai a cambiar, pois están dispostos a continuar na mesma liña. Pero tampouco o vai a facer Ciudadanos porque, primeiro é de dereitas e vai apoiar ao PP e, segundo, porque no seu programa defenden a continuidade da reforma laboral e o contrato único que só leva á precaridade laboral, pois permite despidos máis baratos”.
“A proposta de Podemos, que non está disposto a apoiar un goberno do PSOE, rompendo o voto de esquerdas; é a mesma que fixo o partido socialista anos atrás. Os que presumen de renovación e non propoñen avances. O cambio da situación laboral só é posible co voto ao PSOE. As nosas propostas pasan por, primeiro, poñer fin á reforma laboral do PP, que fixo que 1 de cada 4 contratos dure menos dunha semana; que se pagen 40 millóns de euros menos en soldos; ou que 3,5 millóns de desempregados no país non teñan protección algunha. Queremos converter o Estatuto dos Traballadores nunha verdadeira carta de dereitos laborais; aprobar unha lei de igualdade salarial porque hoxe as mulleres cobran un 24% menos que os homes; ou poñer en marcha plans de captación de talento para que os mozos non teñamos que marchar fóra do noso país a buscar traballo e facer posible que en 4 anos volten 10.000 científicos”.
25 millóns de euros menos para os lucenses con pensións mínimas. Propostas
“Na provincia de Lugo temos máis de 118.000 pensionistas, dos cales uns 87.000 cobran pensións mínimas, que son as máis baixa do país cuns 667 euros. Durante estes anos, o PP puxo fin á actualización das pensións conforme ao IPC, ao tempo que instaurou o copago farmacéutico, facendo que, por primeira vez na historia, os pensionistas pagasen os seus medicamentos. Isto supuxo que os maiores da nosa provincia con pensións mínimas perdesen durante os últimos catros anos máis de 25 millóns de euros. E aquí atopámonos na mesma situación. O PP continuará nesta senda e tamén Ciudadanos, que non quere poñer fin aos copagos, e así o recolle o seu programa. Nós queremos volver a actualizar as pensións con respecto ao IPC e tumbar o copago porque defendemos a poxa de medicamentos e non o pago farmacéutico como propoñen as dereitas. Queremos apretar o cinturón ás compañías farmacéuticas e non ás persoas”.
Fondo de pensións baleiro no 2018
“O PSOE nunca tocou o Fondo de Reserva das Pensións. E para non facelo, conxelou as pensións máis altas, as superiores de 1.500 euros, cuestión moi diferente do que fixo o PP, recortando ás máis baixas. Non somos en absoluto o mesmo, que non nos confundan. Pois ben, cando PP chegou ao Goberno central atopou no seu poder case 67.000 millóns de euros nel. Recentemente, o PP retirou do fondo preto de 8.000 millóns de euros. Hoxe quedan 35.000 e, segundo os propios expertos, no 2018 non quedará nada se continúan as actuais políticas de emprego que está a levar a cabo PP e que están dispostos a deixar que continúen todos os partidos, agás o PSOE. O voto a Pedro Sánchez é imprescindible para o cambio”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



