O Ignacio Chacártegui era un cargueiro que, na primeira metade do S.XX adoitaba entrar no porto focego con carga xeral para abastecer as localidades da bisbarra e sair con travesas de piñeiros para as minas de Asturias. Un día de febreiro de 1929 o barco, fora da barra, esperaba calado para entrar. O capitán mandou a tres homes a terra nun bote; subía a marea, o mar estaba alporizado e a lanchiña envorcou. Dos tripulantes, dous nadaron cara a terra e un desapareceo. Alertados os mariñeiros no porto saíron varias lanchas en auxilio: na proa da chamada “Peidiño” ía Xesús Castiñeira vixiando ao seu derredor. Cando albiscou ó desaparecido mandou desembragar, e o avezado mariñeiro cunha corda pola cintura lanzouse ó rescate do náufrago malia a forte ondada reinante e logrou sacar á superficie ó mariñeiro Xosé Ponte Verdes quen, a pesar dos esforzos de Castiñeira, finou pouco despois. Ante o arriscado proceder pensouse solicitar dos poderes públicos algún tipo de recompensa para o audaz mariñeiro, pero non temos constancia de que fose así.
O vello Castiñeira, arquetipo do home de mar,navegante por tódolo mares,curtido polo sol, os ventos e o salitre; auténtico lobo de mar. Consumado nadador, era un mergullador experimentado e a resistencia baixo as augas, excepcional; habilidade adquirida na mocidade, pola desembocadura do Missisipí, onde desembarcara dun buque de guerra para se dedicar en Nova Orleáns á colleita de ostras enrolado noutro barco.O seu pai, tamén navegante nestes mares, levaríase a gran sorpresa xa que se atopou alí con varios Castiñeira, entre eles un irmán, do que non coñecía o paradoiro. O seu avó fora capitán dun patache de vela e nel desasnaba a tódolos rapaces da familia, que aos 16 ou 17 anos marchaban polo mundo dirixíndose moitos a aquelas latitudes.
De volta en Foz, o noso personaxe seguiu dedicándose á pesca e a súa lancha era unha auténtica escola de pescadores. No ano 1946 foi encargado da vixilancia da praia. As obrigas do seu cometido serían vixiar con carácter de axente da autoridade que os bañistas non se metesen en zonas perigrosas, nen cometesen actos inmorais, e acudir coa urxencia requerida ó salvamento dos que se atopasen en perigro.A vixiancia realizarìase tódolos días de 8 a 21 horas, durante os meses de agosto e setembro. Percibía o xornal de 12 pts. diarias. Permañeceo nese labor uns 10 anos.
Lembramos con agarimo a estampa do patriarca, tenro e falangueiro, neneiro e un tanto soñador, servizal… Vixiante a bordo da lanchiña de remos “Marita”, nas súas expertas mans estaba a seguridade dos bañistas, para o que contaba cuns salvavidas na beiramar, colocados nunha especie de capeliña, rodeados por unha corda e unha inscripción que decía: “¡Respétame! ¡Puedo salvarte la vida!”
De vello chegoulle a Castiñeira o recoñecemento á vida dedicada ó mar en forma dunha homenaxe e a Medalla de Mérito ó Traballo.
O seu pasamento producíuse o ano 1958 aos 78 de idade.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



