Foz 14/12/2015.- O PSOE, convida a todos os vecinos, veciñas, afiliados e simpatizantes ao mitin central que celebra este martes 15 en Foz. Será ás 20.30 horas na sala Bahía.
Intervirán o secretario xeral e deputado autonómico José Ramón Val Alonso, os números un e dous da candidatura socialista ao congreso dos deputados pola provincia de Lugo, Margarita Perez Herraiz e Iago Fernández Pena e o deputado autonómico Juan Carlos González Santín
Queremos achegarlles aos cidadáns o proxecto de futuro que queremos para a comarca da Mariña, a provincia de Lugo, Galicia e España, un proxecto que pasa por recuperar os dereitos que nos quitou durante estes catro anos o goberno de Mariano Rajoy, poñendo de manifesto que o PSOE é a única alternativa posible ao PP, o partido dos recortes no estado do benestar que tanto esforzo nos custou levantar.
Explicar que si Pedro Sánchez alcanza a Presidencia do Goberno de España ten o firme compromiso de derogar a nefasta reforma laboral do PP, que non trouxo mais que perdidas de dereitos dos traballadores e traballadoras, baixadas de salarios, emigración e precariedade, de eliminar os copagos sanitarios, revitalizar a lei de dependencia, de derogar a LOMCE, facer das becas un dereito…etc Que o PSOE ten un programa de futuro para facer de España o país da igualdade, das oportunidades, das liberdades, da xustiza social e o benestar, construíndo un futuro para a maioría e non solo para uns poucos privilexiados coma nos catro últimos anos de goberno de Rajoy.
Margarita Perez Herraiz e Iago Fernández Pena, estran este martes ás 20’30 horas na Sala Bahia de Foz
Co fin de explicar o programa co que o PSOE concorre as eleccións do 20 de decembro, un programa pensado para recuperar a España das oportunidades, das liberdades, da xustiza social, da igualdade, o estado de benestar. Un programa para recuperar uns dereitos que todos considerabamos absolutamente intocables e o PP cercenou na pasada lexislatura.
Convidamos a todos os veciños e veciñas a acompañarnos a coñecer as propostas socialistas para que o noso país volva a ser a España da igualdade, do progreso e do avance nos dereitos sociais que solo poden vir da man do PSOE, construíndo un futuro para a maioría e non solo para uns poucos privilexiados coma nos catro últimos anos de goberno do PP.
Queren explicar que si Pedro Sánchez alcanza a Presidencia do Goberno de España ten o firme compromiso de derogar a nefasta reforma laboral do PP, que non trouxo mais que perdidas de dereitos dos traballadores e traballadoras, baixadas de salarios, emigración e precariedade, de eliminar os copagos sanitarios, revitalizar a lei de dependencia, de derogar a LOMCE e facer das becas un dereito…etc.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



