Lugo, 14 de decembro de 2015.- O portavoz do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou este luns, no transcurso dun almorzo informativo en Vilalba, que “a través do seu esforzo e o seu traballo os autónomos e emprendedores están sendo os grandes protagonistas da xeración de emprego e da recuperación económica, tanto en Galicia como en España”.
Neste sentido, Barreiro sinalou que o Partido Popular é consciente desta enorme importancia na estrutura produtiva do noso país e por iso, “sempre os ha ter como punto de referencia” na elaboración da política económica.
O portavoz popular no Senado recordou que cando Rajoy chegou ao Goberno tivo que facer fronte á débeda de 42.000 millóns “que o PSOE deixou oculta nos caixóns” en forma de facturas sen pagar a proveedores, que lastraban a actividade dos autónomos e emprendedores. Subliñou que a través do plan de pago do Goberno abonáronse máis de 220 millóns de euros a proveedores en Galicia.
Na súa intervención, José Manuel Barreiro contrapuso as cifras de autónomos durante a etapa socialista e durante a legislatura de Mariano Rajoy. “Co PSOE destruíronse 177.000 empresas, a maioría pemes, e 336.000 autónomos déronse de baixa; con Rajoy hai 96.000 autónomos máis e máis de 140.000 asalariados deses autónomos”. Barreiro puxo como exemplo os datos de Galicia, “só na nosa comunidade os autónomos crearon, nos últimos catro anos, 6.328 empregos netos”, aseveró.
Así mesmo, indicou que Lugo é a provincia galega cun maior crecemento dos autónomos empregadores: 544 autónomos empregadores novos, o que supón un incremento do 14,4%, máis do dobre da media de Galicia (6,1%).
O líder do PP de Lugo explicou que foi tamén o Goberno de Rajoy o que tivo que afrontar a recapitalización e o saneamento das entidades financeiras para que estas puidesen volver conceder créditos. “O crédito é imprescindible para os autónomos e emprendedores, non podemos esquecernos que constitúe a súa principal fonte de financiamento”, matizou.
José Manuel Barreiro destacou que “só o PP garante a estabilidade e a seguridade que España necesita para continuar avanzandoo na senda do crecemento”. Recordou o reto realista de crear 500.000 empregos ao ano ata ter 20 millóns de españois traballando en 2020.
O paquete de medidas máis ambicioso da Historia
O candidato popular ao Congreso por Lugo, Joaquín García Díez, tamén participou no encontro. Na súa intervención destacou que, durante esta lexislatura, o Goberno de Rajoy puxo en marcha o paquete de medidas máis ambicioso da Historia para promover a actividade económica de autónomos e emprendedores.
Ademais do plan de pago a proveedores aprobouse a tarifa plana de 50 euros durante seis meses para novos autónomos; a tarifa plana de 100 euros á contratación indefinida ou a capitalización de ata o 100% da prestación por desemprego para facer fronte aos gastos iniciais dunha actividade emprendedora.
García Díez recordou que “malia todo o esforzo somos conscientes de que queda moito por facer, por iso seguiremos promoviendo medidas que faciliten a actividade económica dun colectivo imprescindible no noso tecido produtivo”.
Neste sentido, indicou que se duplicará a duración da tarifa plana de tal forma que quenes inicien o seu negocio como autónomos poderán cotizar 50 euros durante un ano completo, en lugar dos seis meses actuais. O número un ao Congreso por Lugo explicou que, ademais, para calcular a súa pensión, os autónomos poderá elixir se lles resulta máis beneficioso que se compute a totalidade da súa vida laboral en lugar dos últimos 18 anos.
Joaquín García Díez asegurou que o Partido Popular manterá a súa loita contra a morosidade porque “ten efectos moi negativos sobre o tecido empresarial, limitando a capacidade de crecemento e incrementando a incerteza dos autónomos e emprendedores”. Afirmou que para conseguilo o Goberno endurecerá as penalizacións ás empresas que non cumpran cos prazos de pago.
Ademais, os parados de longa duración que emprendan un negocio non terán que tributar o IRPF durante dous anos. García Díez subliñou que “adoptaremos todas estas medidas se continuamos gobernando porque o que é bo para os autónomos é bo para Galicia e bo para España”.
O candidato ao Congreso mostrouse convencido de que o PP gañará as eleccións e animou a todo o mundo a votar a Mariano Rajoy para evitar “que por primeira vez en democracia gobernen os perdedores”.





















López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



