Ribadeo, 14 de decembro de 2015.- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu unha sentenza favorable ao Concello e contra a Consellería de Traballo e Benestar pola que o ente autonómico debe abonar a cantidade pendente para o servizo de axuda no fogar máis os xuros. O Concello presentou un contencioso administrativo contra a Xunta tras os recortes aplicados no ano 2011. Así o anunciou o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, que cifrou en 80 os beneficiarios deste servizo no municipio, que lle custa ás arcas municipais 165.000 euros ao ano.
O rexedor explicou que “tivemos coñecemento agora hai moi poucos días, dunha sentenza favorable aos intereses do Concello de Ribadeo contra a Xunta de Galicia, concretamente contra a Consellería de Traballo e Benestar, a conta daquela redución drástica que nos fixeran nos recursos que nos aportaban aos servizos de axuda no fogar, este servizo de libre concorrencia que en Ribadeo atende aproximadamente a uns 80 usuarios. Para facerse unha idea, o Concello inviste uns 165.000 euros ao ano. No ano 2010 a Xunta aportara tan só 43.000 euros e no 2011 baixou drasticamente esa cifra a 13.000 e hai que dicir que no 2012 e ata agora a Xunta xa non volveu poñer un peso no servizo de axuda no fogar. En todo caso, no ano 2011, o Concello de Ribadeo, sentíndose inxustamente tratado, levou isto á xustiza, que hai poucos días acaba de darnos a razón”.
Fernando Suárez dixo: “a sentenza argumenta que non respectaron as súas propias bases de convocatoria, onde se fixaba unha fórmula de reparto que modificaron unilateralmente sen posibilidade de que os Concellos puideramos opinar sobre este asunto. É un novo atentado sobre o que son os dereitos sociais porque con esta decisión reduciuse drasticamente a axuda no servizo de axuda no fogar na modalidade básica”. E engadiu que “a cantidade que nos teñen de devolver agora non a saben con certeza porque deben recalcular segundo a sentencia xudicial, pero en todo caso vai ser superior ao que nos deron máis aos xuros dende aquela data, por non ter aceptado dende o inicio que se trabucaron nas súas formulacións”.
O alcalde de Ribadeo cre que isto dá para unha reflexión: “os da Xunta nin todo o saben nin todo o poden, penso que deberían ser un pouco máis humildes nas súas actitudes porque non son infalibles. Andan dando leccións por aí adiante, sobre a residencia de Ribadeo, de que queren pero que a Corporación e o alcalde de Ribadeo non queren, e ás primeiras de cambio véselles o plumeiro como nesta circunstancia”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



