San Miguel de Reinante, 16 de decembro de 2015.- A Peña Barcelonista San Miguel celebra o vindeiro domingo 20 de decembro a “Comida de Nadal”.
Ademáis do Nadal, a peña celebra o seu aniversario, xa que aló polo ano 1997 un grupo de afeccionados ó Barça fundaron a Peña Barcelonista San Miguel, sendo o 20/12/1997 a data da Asamblea constituinte onde quedaría legalmente fundada. Dende aquela, 18 anos animando ó Barça por toda España e no estranxeiro, estando representada a peña en todas as finais de Champions nas que participou o Barça dende a fundación desta.
A actividade da peña non se limita só a viaxar para ver partidos de fútbol, todas as semanas se reunen no Oliñas do Mar para ver os partidos por TV, organizan torneos de basket, participan na organización de carreiras populares, teñen organizado concursos de postales e algún torneo de fútbol 7, sempre cunha intención, fomenta-lo deporte na zona e defender as suas cores, as azul e grana.
Para este domingo celebran unha comida na que desexan sirva tamén para celebra-lo título do Mundial de Clubs, ainda que queren ser cautos en canto ó resultado.
A comida será no Restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia, a partir das 14.30 h. O prezo para socios e acompañantes será de 5 € e para non socios de 15 €. Constará de 1º e 2º prato a elexir, postre, café e chupito. Para apuntarse poden dirixirse ó tfno. 649 57 13 60.
Ademáis desta comida, a Peña ten previsto para esta temporada organiza-los desprazamentos a Xixón, San Sebastián e Coruña para ver e animar en directo ó Barça, así como unha cea ou comida de remate de temporada e a asistencia á Xuntanza de Peñas barcelonistas galegas que se celebrará no mes de xuño en Boiro.






















Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939



