A Coruña, 16 de decembro de 2015.- O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu este mércores “un goberno forte que saiba negociar e esixir cotas de pesca en Europa e que as saiba repartir en España”. Así o dixo na súa visita á lonxa de A Coruña, onde reivindicou un goberno que defenda ao sector da pesca “tan importante para Galicia e para España”.
Gómez Besteiro reclama un reparto xusto nas cotas de pesca que están asfixiando aos mariñeiros galegos, nomeadamente o sector do cerco, no que representa un “problema estrutural” para todo o Estado. Criticou os “catro anos perdidos” de Rajoy á fronte do goberno e esixiu un Executivo “extremadamente duro” á hora de negociar as cotas na UE para “defender os intereses españois e galegos para un reparto xusto de cota”.
Galicia, dixo, “necesita volver á normalidade” logo de catro anos que puxeron ao sector primario “do revés, cos mariñeiros na terra, acampados protestando a escasos 20 metros do despacho de Feijóo en San Caetano” e os gandeiros “en lugar de estar no campo teñen que ir á cidade a protestar polos prezos do leite”. Reclamou “poñer en marcha ao sector primario, unha das partes máis importantes para o desenvolvemento do país”.
Pacto de Rajoy
O líder dos socialistas galegos pediu o voto para “un goberno forte, liderado por Pedro Sánchez” fronte a un Mariano Rajoy que onte comezou a “facer ofertas a partidos como Ciudadanos” como “un chamamento desesperado dun candidato agónico” que se atopa “na liña descendente, sabe que vai deixar de ser presidente”.
Así llelo dixo na Coruña, onde celebrará un mitin logo da intervención de Pablo Iglesias que “estase confirmando como teloneiro de Rajoy”. O presidente saínte, dixo, “sabe que Pedro Sánchez está subindo en apoios, que cada vez hai menos indecisos porque están incorporándose ao PSOE e que iso significa a fin do seu goberno”.
Desafiouno a aproveitar a súa visita a Galicia para “dicir o que non foi capaz en catro anos, defender a Galicia nunha España máis forte, como defendemos os socialistas”, cun candidato como Pedro Sánchez “capaz de ofrecer un proxecto de goberno e deixar atrás as políticas tan dramaticamente duras como as do PP”.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



