Lugo, 16 de decembro de 2015.- Olalla Rodil, candidata ao congreso, por Nós-Candidatura Galega lembrou en Lugo que “180.000 persoas non poden pagar en Galiza o recibo da luz e esto supón levar á xente a vivir na escuridade e pasar frío mentres as eléctricas se enriquecen á costa dos nosos recursos”. Nós-Candidatura Galega aposta por unha tarifa eléctrica galega que suporía unha redución do 30% na factura eléctrica para garantir que todo o mundo poida afrontar o seu pago. Olalla Rodil lembrou que “tamén para as empresas, autónomos e gandeiros o consumo enerxético é unha importante carga que incrementa os seus problemas de viabilidade”.
A candidata ao congreso explicou que dende o ano 2007 a incidencia da pobreza enerxética no estado español triplicouse por unhas políticas do PP “dirixidas a beneficiar os grandes grupos empresariais e exprimir as persoas que viven do seu salario”. Rodil cargou contra o goberno da Xunta que “en vez de reivindicar unha tarifa eléctrica diferenciada para unha das zonas máis produtoras do estado, tenta lavarlle a cara ao seu presidente en Madrid chegando a acordos coas eléctricas para que sexamos todos as galegas e galegos quen lles arranxamos a conta de resultados a estas macroempresas”.
Nós-Candidatura Galega reivindicou, con tubos fluorescentes, a súa proposta de tarifa eléctrica galega ao carón da Muralla de Lugo. A candidata ao congreso sinalou que “somos un país que exporta enerxía pero os beneficios vanse a outras partes do estado e as empresas tributan en Madrid” e engadiu que “o feito de que o noso territorio sexa un dos que máis enerxía produce debería ter un retorno para a poboación”. Olalla Rodil lembrou que “en Euskadi xa se benefician dunha tarifa propia que amortiguou os efectos do encarecemento da electricidade nestes últimos anos”.
Actos en Rábade e Sarria
Durante a xornada Olalla Rodil participou, en actos electorais en Rábade e Sarria onde estivo acompañado por persoas que forman parte das candidaturas ao congreso e ao senado. Ademais en Rábade participaron o voceiro municipal Iván Sangiao e o candidato ao senado Xosé Luis Rivas “Mini”. No acto de Sarria participaron, entre outros, o voceiro municipal Efren Castro e o candidato ao senado Luís López Melle.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



