Ribadeo, 16 de decembro de 2015.- En Marea estivo este mércores en Ribadeo para presentar as propostas da coalición á cidadanía da vila. No Salón de Actos da Casa Sindical, Miguel Anxo Fernán Vello, número 1 na lista ao Congreso pola provincia de Lugo; José Manuel Perez Afonso, número 3 ao Congreso e Carmen Granxeiro, número 2 ao Senado, estiveron apoiados polo deputado de AGE no Parlamento de Galicia Ramón Vázquez.
Fernán Vello comezou a súa intervención denunciando que “vivimos unha democracia amputada, condicionada e secuestrada, no que é o final dun ciclo político”.
Ademais, o candidato de En Marea referiuse a algún dos problemas concretos que sufre a vila de Ribadeo e a Mariña lucense. “Ribadeo, como capital da Mariña, sofre como outras vilas da zona, un problema endémico no que se refire ao transporte público e as conexións, tanto coa cidade de Lugo como con outras vilas mariñás -dixo-. O que existe ata o momento son servizos desconectados, desordenados e con frecuencias escasas, e iso xoga en contra da economía local”.
Fernán Vello tamén pensa que a Mariña debería contar cunha planificación turística común. “Cada concello ten o seu propio modelo de desenvolvemento e non existe un debate sobre o futuro do turismo na bisbarra -apuntou-. É preciso unha coordinación. Os plans localistas son plans da vella política e hai que colaborar e traballar en común” .
“Tampouco existe unha política para o rural, tanto no que afecta ao tema forestal como no que afecta a plans de reactivación, pensando na xente nova e en evitar o despoboamento -engadiu-. Hai que fomentar a participación da xente nova”.
E por último, outro tema que preocupa a Fernán Vello e a candidatura de En Marea é a protección da Ría. “Apostamos por un plan de ordenación dos recursos naturais e un plan reitor de uso e xestión da ría de Ribadeo”, apuntou.
Pola súa parte, o deputado de AGE Ramón Vázquez comezou a súa intervención recordando que tal día como hoxe nacía Rafael Alberti, “un autor que, como o noso candidato, asumiu dende o mundo da cultura a defensa dos dereitos dos asoballados”. “Dicía Alberti que a liberdade so a alcanzan aqueles que teñen verdadeiramente sede dela, e creo que estamos en un momento nos que temos esa sede, en un tempo de precariedade e de agresión salvaxe aos dereitos”.
“Tamén dicía que as grandes palabras non debían ser condenados á pena de norte. Estamos en tempo de eleccións e non é un momento só de compromiso verbal, é tempo tamén de feitos, e dende o 21 temos que comezar un proxecto político novo”.
A número 2 ao Senado, Carmen Granxeiro asegurou na súa intervención que pola rúa está percibindo que o proxecto de En Marea está despertando moita esperanza. “Esta é unha candidatura da cidadanía, dunha cidadanía que se organiza para destapar a corrupción, que loitou contra os desafiuzamentos e que leva moitos anos traballando duro para que a todos nos vaia moito mellor –dixo-. É unha candidatura que practica a escoita activa que non leva a cabo ningún candidato do bipartidismo ou de Ciudadanos”.
José Manuel Pérez Afonso, número 3 ao Congreso, destacou que foi un paso adiante deixar atrás os egos e as siglas para construír un proxecto común. “En Marea ten que ser unha familia, que pode ter as súas diferencias, pero que as deixa de lado para traballar no importante, neste caso, traballar pola xente”.
“Meu pai é un camareiro e miña nai unha persoa que limpa escaleiras, e estou orgulloso, porque esta revolución tamén vai de iso, que a xente normal ten que tomar a palabra. Estamos aquí polo futuro dos nosos maiores, dos nosos avós, que tamén merecen un futuro, dos nosos pais e dos nosos fillos -explicou-. O 15 M comezou unha nova transición e non rematará ata que vexamos a alguén decente na Moncloa. Esto é un proceso, pero é imparable”

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



