Trasbar, 23 de decembro de 2015.- Esta fin de semana Papá Noel visitou aos nenos e nenas que se xuntaron para velo en Trasbar o pasado domingo pola tarde no local social.
Papá Noel, xunto a un dos seus trasgos, chegou o pasado domingo a Trasbar. Percorreu a aldea na súa carreta, e rematou o paseo no local social, onde atendeu ás nenas e aos nenos que se achegaron a saudalo e fíxolles entrega dun pequeno agasallo. A expectación dos pequenos foi tal, que case non lle deixaron baixar da súa carreta, querendo sacar fotos con el en canto chegou.
A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar tamén tivo a visita de outro Papá Noel moito máis malo. Aconteceu na noite do venres para o sábado e, en vez de traerlles agasallos, levoulles unha parte importante das cousas que tiñan no local, e que foran conseguindo co esforzo de toda a veciñanza. Foi un golpe importante para a aldea, xa que a maiores das cousas de máis valor como o televisor ou o equipo de son, tamén levaron mercancía e incluso alimentos da recollida para os máis necesitados. Tras o desgusto lóxico do momento, a xunta directiva repúxose para seguir traballando coa mesma ilusión de sempre, ou incluso con máis gañas, se cabe. Deulles moita forza sentirse arroupados por tanta xente este domingo na visita do Papá Noel bo.
Dende a asociación de veciños, agradecen dun xeito máis especial ca nunca a participación veciñal e dos amigos nesta actividade.
Cesta de Nadal
Logo de coñecerse o número gañador do sorteo de Nadal, a persoa gañadora da cesta que sorteaba este colectivo foi Maricarmen Alonso (Mari), vicepresidenta da asociación, que comunicaba ao resto da xunta directiva a súa decisión de renunciar ao premio, xa que foi unha das cousas que levaron os “amigos do alleo”.
Dende o colectivo manifestaron que “as persoas que formamos a Xunta Directiva xa tiñamos decidido que, no caso de que a alguén de nós lle tocara a cesta, ía renunciar a ela, para non meter en máis gasto á asociación, xa que teriamos que repoñela, logo de que fora roubada no local social”.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



