Santiago, 23 de decembro de 2015.- O sector lácteo galego recibirá a partir deste mércores unha nova inxección de 28,2 millóns de euros, derivados dos pagamentos de varias axudas destinadas a mellorar a súa liquidez e, de maneira xeral, ao fomento desta actividade.
Así, nesta xornada comezarán a pagarse as axudas destinadas ás explotacións gandeiras galegas que manteñen vacas nutrices (animais destinados á cría de razas cárnicas ou cruce destas) por importe de 12,5 millóns de euros. Estas achegas chegarán a 9.282 beneficiarios galegos.
Tamén a partires deste mércores empezará a facerse efectivo o pagamento das axudas habilitadas pola Unión Europea para dotar de liquidez ás granxas, por un importe para toda España de 25,5 millóns de euros, dos que uns 9,4 virán para Galicia. Desta cantidade, beneficiaranse 8.614 gandeiros galegos do sector lácteo.
Ademais, nesta xornada tamén se tramitarán, adicionalmente, axudas acopladas do sector lácteo por un importe total de 6,2 millóns de euros, destinados a 1.138 os beneficiarios.
Estas subvencións son parte das que están a xestionar a Xunta e o Goberno Central para apoiar o sector lácteo. Súmanse ás medidas normativas pensadas para dar maior transparencia á cadea de valor do leite. Entre elas están o contrato-tipo homologado aprobado no seo da Interprofesional Láctea INLAC e o Real Decreto de cesión de prezos, que se atopa a exposición pública, así como as xestións para mellorar a regulación dos primeiros compradores de leite.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



