Santiago, 23 de decembro de 2015.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Consello deu luz verde a catro programas de emprego e formación, que “axudarán a máis de 13.000 galegas e galegos a atopar un posto de traballo”. O orzamento conxunto destas medidas ascende a 49,3 millóns de euros.
O presidente recordou os últimos datos do paro, que revelan que baixou un 9,44% ao longo dos últimos 12 meses. “Esta baixada é positiva —afirmou—, pero non é suficiente. Queremos que siga crecendo o número de persoas que atopan un traballo en Galicia”. O paquete aprobado este mércores con este fin engloba catro medidas: cursos de formación, obradoiros de emprego, obradoiros destinados aos menores de 30 anos e programas integrados de emprego.
Destinaranse 33 millóns de euros a organizar máis de 670 cursos de formación, nos que os participantes poderán obter un certificado de profesionalidade con validez en toda España. Neles participarán arredor de 10.100 persoas rexistradas no Servizo Público de Emprego. Algúns dos cursos que se organizan por primeira vez este ano son os de soldadura, caldereiría, estruturas metálicas e deseño da industria naval, “ante o aumento da carga de traballo nos estaleiros en construción e reparación de buques e eólica mariña”, segundo indicou Feijóo.
Obradoiros organizados xunto aos concellos
En segundo lugar, 14 millóns de euros estarán orientados a organizar 80 obradoiros de emprego, tanto para o público xeral como os específicos para menores de 30 anos. Dos primeiros poderán beneficiarse 1.300 persoas que, ao longo de seis meses, poderán mellorar a súa formación e gañar un soldo. Reservaranse o 20% das prazas aos beneficiarios da Risga e primaranse proxectos de rehabilitación de fachadas, edificios públicos e espazos medioambientais.
Os obradoiros específicos para menores de 30 anos, pola súa banda, requiren que os participantes estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A eles destinaranse 4 millóns do 14 do total dos obradoiros.
Ambas as dúas modalidades de obradoiros serán organizadas polos concellos, aínda que será a Xunta quen financie o soldo e a contribución á Seguridade Social dos participantes nos cursos, dos docentes e dos administrativos que xestionan o proxecto. “Así poñemos en valor, unha vez máis, a importancia da colaboración entre institucións”, subliñou Feijóo.
A cuarta das medidas corresponde ás axudas para os plans integrados de emprego. O seu importe rolda os 3 millóns de euros e beneficiarán a 1.600 persoas. Estes programas distínguense dos anteriores en que contan con asesoramento individualizado para cada participante, ao que se lle deseñará un itinerario de formación especializado. Durarán 12 meses e incluirán obrigatoriamente accións formativas e de intermediación laboral.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



