Galicia, 31 de decembro de 2015.- A voceira de Cidadáns Galicia fai unha valoración da mensaxe do Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo, o cal comezou o seu discurso facendo referencia á xente, aos galegos e galegas e a súa relación cotiá con eles. “Non parece que a Galicia que él describe sexa a mesma na que estamos a vivir os demais. Apenas fixo referencia aos problemas que para moitos de nós son os realmente preocupantes: á sangría do talento que fuxe do noso país para acadar unha mellora das súas condicións laborais e económicas fóra da súa casa, ao paro, á situación de tantos ganaderos e pescadores, ao despoboamento do noso campo, a aqueles para os cales ese fogar do que tanto falou ao longo da súa mensaxe está deixando de selo: aos que viven nas rúas, ás víctimas da violencia machista, aos cada vaz mais maiores que viven en condicións precarias, ás familias que teñen que elexir este inverno se comen ou pagan a luz e o gas, aos dependentes, que seguen a precisar dos demais e tamén das administracións” valorou Olga Louzao, voceira de Cidadáns Galicia.
A voceira de Cidadáns engadiu “Compartimos con el o noso orgullo por Galicia, por esta terra acolledora, plural, emprendedora; pero non é suficiente con estar orgullosos; é necesario traballar máis para situala entre as comunidades que se están a recuperar máis axiña, que crean unha sociedade mellor e más xusta”.
Dende Cidadáns defendemos o diálogo, o entendemento e os pactos, “en indudable referencia ao escenario xerado polas derradeiras eleccións xerais. Pero queremos lembrarlle que esta defensa hai que facela dende o exemplo e iniciándoa na casa: negociando orzamentos, buscando consenso en leis e en políticas” explicou Olga Louzao.
“Todos desexamos un feliz 2016 para Galicia e para os galegos, pero é nosa responsabilidade traballar xuntos para que así sexa. Pero, eso sí, partindo dunha análise realista e coñecedora da realidade actual e non da onírica estampa navideña que o Presidente da Xunta parecía estar a describir”, engadiu a voceira de Cidadáns Galicia.
Cidadáns Galicia estáse a preparar para poder contribuir “nos vindeiros anos a acadar unha Galicia máis viva, máis moderna e con máis oportunidades para tódolos galegos e galegas” concluiu Olga Louzao.



















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



