O Consello Dinamizador do Colectivo Político ESPAZO reuniuse o 30 de decembro para valorar o resultado das pasadas eleccións xerais e formular a iniciativa política no novo período:
Os resultados das pasadas eleccións veñen a confirmar a demanda cidadá de construír unha nova democracia, referenciada no 15M, e onde o bipartidismo ‘turnista’, prevalecente durante case corenta anos, deu paso a un modelo plural no político con novas forzas emerxentes, e onde Podemos escenifica o instrumento referencial para o cambio de réxime que terá unha vertebración necesariamente plurinacional en base a diferentes proxectos aliados (En Comú, Compromis, En Marea).
O éxito electoral de En Marea, segunda en numero de votos e converténdose na forza en condicións de vertebrar a alternativa ao goberno Feijoo, ten moito que ver coa construción dun relato político novidoso superador dos vellos discursos ideoloxicistas e identitarios que impedian ser hexemónicos á vella esquerda e ao nacionalismo clásico. Este éxito electoral, conseguindo todos os criterios esixidos para a consecución dun grupo parlamentar propio e dous senadores, amosan tal como diciamos desde ESPAZO, que non se trataba so de agregar aritmeticamente senón de renovar as formas e o fondo da acción política.
Agora ben, tal como xa indicamos en multiples ocasións, se queremos que o éxito electoral vaia acompañado dun éxito político, que non frustre as esperanzas depositadas en EN MAREA, debe abordarse a fondo a construción dun espazo participativo, apropiado polas persoas, e onde as mareas municipalistas e os movementos sociais non sexan so a infantería dun proxecto dirixido polas cúpulas partidarias, senón que se instalen no posto de mando do proxecto.
Para ESPAZO a cartografía da transformación ten que debuxarse sobre unha paisaxe con tres dimensións:
– EN MAREA como bloque político-social do cambio, necesariamente aberto e en permanente construción, pero alonxando o perigo do permanente reinicio ou reinterpretación, da sospeita de cuestionar os avances políticos en aras de sumar os restos de proxectos esgotados, ou da tentación de construírse na suma cultural das partes en lugar de construír unha cultura e simboloxía común necesariamente nova.
– O ENCONTRO por unha Marea Galega como polo cidadá necesario para equilibrar adecuadamente a excesiva presenza dos aparatos dos partidos e das súas dinámicas competitivas.
– Os Partidos como instrumentos políticos necesarios pero que obrigatoriamente aborden un proceso de refundación que lles permita ter a dimensión numérica e a fortaleza intelectual que esixe o novo tempo. ESPAZO naceu para confluír nun proceso de reagrupamento da esquerda nacional, aínda pendente. Necesariamente, xunto con Podemos como forza estatal de cambio, debe articularse a nova esquerda galega. Existen hoxe diferentes sectores partidarios e persoas independentes de prestixio con capacidade suficiente para abordar un proceso que culmine nun período breve na constitución desa forza política galega, transversal no nacional, democrática no político e de esquerdas no programático.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



