Burela, 9 de xaneiro de 2016.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asistiu este sábado en Santiago de Compostela á presentación da 71 edición da Vuelta Ciclista España, que pasará pola comarca da Mariña o vindeiro 24 de agosto. O rexedor subliñou “a importancia que terá para Burela e para o resto da comarca tanto no plano deportivo, como no turístico e no económico que a Vuelta circule pola Mariña. É algo moi bo para todos nós”. Llano confía en que atravese a avenida Arcadio Pardiñas, en Burela, “aínda que todo se concretará dentro dunhas semanas nunha xuntanza que se celebrará en Lugo”.























O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



