Este fin de semana celebra Foz nova edición da que é tradicional festa dos chícaros á que dende o Concello se aplica o nome exótico de “berberecho”. Ocurre, que nós saibamos, que só na vila focega recibe aquel nome; en cantas indagacións levamos feito non atopamos outro lugar onde se chame igoal, aínda que por Galicia adiante son varios os apelativos que se lles aplican: berbericho, croque, cuncho, crica, caralleta, berberechiña, carneiro… e, unha vez mais, nos preguntamos por qué só os de Foz nos voltamos depredadores do que forma parte da nosa tradición e da cultura popular querendo borrar do mapa da linguaxe entrañable do pobo unha expresión que nalgunha medida nos distingue e singulariza…?
Foi o ano 1984 cando en Foz se celebrou por primeira vez a festa, organizada pola A.C.I. A.; evidentemente dende o respeto a canto de cultural e costumista ten o feito, eminentemente popular. O cronista non pode por menos que alzar a voz ante unha actuación á que non lle descubre a razón de ser e significa unha agresión -unha mais- á historia do noso pobo, humilde pero merecente de respeto e consideración, máximo daqueles que teñen a obriga, voluntariamente contraída, de velar polos intereses colectivo, materiais e inmateriais, da cidadanía. Foron precisamente éstes os que a iniciaron hai algúns anos e ninguén a rectifica. As cousas ben feitas deben prevalecer…
Defínese o chícaro como molusco bivalvo de uns catro centímetros de longo e cunchas estriadas case circulares. Críase nas costas do norte penínsular e cómese crú ou guisado.
O prestixoso xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, que tantas veces os degustara nas nosas tabernas, no libro “Manual del Marisco”, di: “Existe la creencia muy extendida de que estos mariscos favorecen la vena amatoria del que los consume. Ponen en situación; ayudan a ese punto de enervamiento que precede al placer de la pareja humana… Pero es que este cachondeíllo lo lleva incorporado a alguno de sus nombres gallegos, ya que “crica”, ”berberichiña” o ”caralleta” son sustantivos que afectan a zonas erógenas de la mujer”.
“Lo que sí es cierto – di Sueiro,- es que crudos están riquísimos, ya que su sabor es a la vez sustancioso y muy marinero. En empanada, si puede ser de maíz, mejor, y con arroz también están de chuparse los dedos….”
Esta edición do chícaro contará con pregoeiro avezado e carismático home do mar: Moncho de Chila, fondo coñecedor do mundo mariñeiro que enmarcou desde as orixes a súa existencia e hoxe, xubilado, segue a ser motivo dos seus anceios. O poeta francés Baudelaire dixera que “o home libre sempre amará o mar”.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



