XOVE .- A segunda xornada da liga de bolos do Concello de Xove celebrouse en Palmeiro nunha tarde expléndida e moi soleada, con altas temperaturas e o campo en perfectas condicións. Na Senior ganou José Rafael González Bermúdez con 155 tantos e 12 puntos. Na Sub 18 acadou o primeiro posto José Vigo Lage con 147 tantos e 6 puntos. Na Femenina quedou de priemira Salomé Bermudez con 81 tantos e 6 puntos, nesta categoría participan 10 mulleres. O capinato de bolos está organizado poloa Concellería de Cultura do Concello de Xove coa colaboración do IES Illa de Sarón e Autoescuela Mundial.
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO – 17 OUTUBRO 2009 42 INSCRITOS: 26 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 18 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 155 | 12 |
| SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 153 | 10 |
| TERCEIRO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 141 | 8 |
| CUARTO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 134 | 7 |
| QUINTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 126 | 6 |
| SEXTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 125 | 5 |
| SÉTIMO | MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 117 | 4 |
| OITAVO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 117 | 3 |
| NOVENO | FÉLIX MÉNDEZ GALDO | 112 | 2 |
| DÉCIMO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 110 | 1 |
| MELLOR BOLADA | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 68 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | JOSÉ VIGO LAGE | 147 | 6 |
| SEGUNDO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 125 | 4 |
| TERCEIRO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 115 | 3 |
| CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 110 | 2 |
| QUINTO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 94 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 56 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 81 | 6 |
| SEGUNDO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 77 | 4 |
| TERCEIRO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO | 52 | 3 |
| CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL | 39 | 2 |
| QUINTO | MARÍA TERESA RAMOS FERNÁNDEZ | 36 | 1 |
INCIDENCIAS DA 2ª TIRADA
(Centro Social de Palmeiro – Sábado, 17 de outubro 2009)
-Tarde expléndida e moi soleada, con altas temperaturas. O campo en perfectas condicións.
-42 inscritos, 26 na Liga Senior, 6 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina. Excelente participación, especialmente na Liga Feminina, que para ser o primeiro ano parece que se van animando; esperemos que esta participación, un pouco arriba ou abaixo, se manteña nas vindeiras tiradas.
Liga Senior.- Gracias ao seu segundo posto, Ginés Rodríguez contínúa líder con 23 puntos. Ginés, un dos grandes xogadores da Liga, con moitos segundos e terceiros postos finais na Liga, inda non foi capaz de conseguir o premio maior de gañar a Liga; a ver si esta é a súa temporada definitiva e consigue ese soño. Segundo, con 15 puntos, está Moisés Rodríguez, campión da Liga Sub 18 hai uns anos e que está tendo un excelente comezo de temporada; nas vindeiras tiradas veremos se se consolida e esta é temporada da súa consagración. Terceiro, con 14 puntos, xa está José Rafael González, outro dos clásicos deste deporte e un dos principais candidatos ao trunfo final.
Liga Sub 18.- Nova victoria de Jose Vigo Lage, con pleno de puntuación, tirada máis mellor bolada, liderando a clasificación comodamente con 14 puntos. Jose Vigo, sempre nos postos de cabeza na categoría nas últimas temporadas, aspira este ano a gañar a Liga por primeira vez; a verdade é que comezou moi forte. Máis alonxados, todos nun pano, están Cristian Rodríguez, Andrés Rodríguez, Alex Meitín, Lander Donoso e Óscar Pérez. A verdade que a igualdade nesta categoría é moi grande, e este ano calquer deles pódese considerar aspirante ao trunfo final.
Do nivel acadado por estes rapaces da Liga Sub 18 témolo en que si trasladamos os seus resultados á Liga Senior, os catro primeiros da Liga Sub 18 entrarían dentro da puntuación da Liga Senior.
Liga Feminina.- Que lidere Marta Álvarez non é unha sorpresa, porque a pesares da súa xuventude (18 anos) pódese considera a xogadora máis veterana, dado que Marta veu participando máis o menos regularmente na Liga Sub 18. Con respecto a esta Liga, nada máis, só desexar que a participación se manteña, e que poidamos crear afición entre elas, xa que consideramos moi importante a participación da Muller no deporte, especialmente neste, que sempre foi considerado un deporte de homes.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE O VINDEIRO SÁBADO, 24 DE OUTUBRO DE 2009.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



