Xove, 13 de decembro de 2016.- Tarde fria e moi chuviosa, o que fixo que a participación baixara, especialmente nas categorías Sub 16 e Feminino Senior.
Primeira tirada deste ano 2016.
Liga Senior Masculina.- Extraordinaria victoria Ginés Rodríguez cun tanteo de ensueño, xa que con 385 tantos nas catro tiradas (101 + 92 + 101 + 91), bateu o récord absoluto de tantos que estaba en poder de Carlos Javier Rodríguez con 372, obtidos o 25 de xaneiro de 2015 na bolera do Centro Social do Cruceiro, na tempada pasada. Para batir este récord, Ginés ademáis de tirar ben, fixo uns desquites extraordinarios con 3 plenos de 30 tantos e un desquite de 21 tantos. En estado de gracia podemos decir que xogou Ginés esta tirada. Esta victoria permítelle tamén a Ginés pasar do 8º ao 6º posto na clasificación.
Polo demáis, destacar tamén o segundo posto obtido polo líder Rafael González, o cal lle permite aumentar a súa vantaxe sobre os seus perseguidores, e agora comanda a clasificación con 87 tantos, 24 máis que Sócrates e 26 máis que Francísco Pérez. En definitiva, está en moi boa posición, se non ten un baixón, de gañar esta edición. Pero bueno, quedan 7 tiradas, algo máis dun tercio do campionato, e hai campo para que inda podamos ter algunha sorpresa.
Liga Senior Feminina.- Segunda victoria de Carmen Roca na temporada, o cal lle dará seguramente moral para poder seguir pelexando polos postos de cabeza; neste momento ten a tiro á terceira clasificada Salomé Bermúdez, que está a sólo 6 puntos. Pola súa banda Salomé Cardoso e Belén Meitín siguen coa súa pelexa polo liderato; Gracias á mellor bolada, Belén puido minimizar os danos do seu 4º posto na tirada, xa que só perdeu un punto con respecto á líder. A clasificación, cunhas vantaxes non moi grandes, pode modificarse nas tiradas restantes, prevéndose, o mesmo co pasado ano, unha loita cerrada ata o final, con Salomé Cardoso e Belén Meitín como principais protagonistas.
Liga Sub 16.- Nesta Liga a noticia volve a ser que por cuarta semana consecutiva non gañou Daniel Alonso, o que está a falar, dun pequeño bache no seu xogo, o que está a favorecer a Miguel López, que obtén a súa terceira victoria nas últimas catro tiradas. Sen dúbida isto dalle aliciente á competición, inda que cremos que os 16 puntos que os separan son insalvables, salvo sorpresa maíscula, tendo en conta o número de tiradas que faltan.
A Daniel estalle faltando algo da regularidade que exhibeu durante a primeira parte do campionato, e pola contra, Miguel López está a xogar con maior confianza, o que se traduce nuha gran mellora de resultados. É unha mágoa que Miguel non mostrara este nivel dende os comezos, xa que probablemente o liderato estaría moito máis disputado, e a competición sería máis emocionante.
A vindeira tirada vai ter lugar no Centro Social de Monte, o sábado 16 de xaneiro.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
