Lugo, 13 de enero de 2016.- A Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia abre este xoves 14 de xaneiro o prazo para que empresarios e emprendedores presenten a súa candidatura aos V Premios AJE Galicia. Como cada ano, a asociación premiará ao Xoven Empresario e ao Xoven Emprendedor do ano nunha gala que se celebrará, o próximo 4 de febreiro, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). A maiores, AJE entregará un accésit á Internacionalización, outro á Innovación e un terceiro recoñecemento á Creación de Emprego. O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata as 14.00 horas do venres 29 de xaneiro.
Poderán presentarse a esta convocatoria todos aqueles xóvenes empresarios menores de 41 anos con domicilio social en Galicia que se axusten ao perfil de cada ún dos premios. As candidaturas e a documentación complementaria poderán remitirse en formato dixital á sede de AJE Galicia en Lugo ou ben a través do correo electrónico gerencia@fegaxe.com. As bases e demáis información relativa a esta convocatoria poden consultarse na páxina web oficial do V Premio AJE Galicia (www.premioajegalicia.es).
Os galardoados co Premio Xoven Empresario e Xoven Emprendedor de Galicia do ano 2015 xunto aos premiados cos tres accésit (Internacionalización, Innovación e á Creación de Emprego) recibirán formación na Escuela de Negocios Afundación por un valor aproximadado de 19.000 euros.
Éxito de participantes na última edición
O Teatro Jofre de Ferrol acolleu no ano pasado a IV edición dos Premios AJE Galicia ao que se presentaron máis de 40 candidaturas. Finalmente foi a empresa de ámbito tecnolóxico IP Global a que conseguiu o Premio ao Xoven Empresario de Galicia 2014. Pola súa parte, Miramar Cruceros levou o Premio ao Xoven Emprendedor de Galicia 2014. O accésit á Internacionalización foi para a compañía Rodríguez López Auto, a mención á Innovación para Óptima Ceaning and Healthcare e o terceiro recoñecemento, á Creación de Emprego, para a empresa especializada en ocio infantil Fan Square.























Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



