Lourenzá, 13 de xaneiro de 2016.- O pasado sábado desprazáronse a Lugo varios atletas en idade cadete e xuvenil no 1º Control de Marcas disputado no Módulo Cuberto de Lugo.
Genito Pérez participaba nos 60 lisos(8,20 e 2º de serie) e no salto de altura(1,54), 3º clasificado e marca para o Campionato Galego.
Nerea Bajatierra facía un gran lanzamento en peso (10,02) sendo a segunda mellor marca do ano en Galicia no ránking 2015/2016 e obviamente marca para o Galego.
Arabela Martínez lograba o pase ó Galego en 60 lisos(9,47 – 2ª serie) xunto con Andrea Cancio(9,45 e 2ª serie tamén).
E a última marca con mínima para a cita autonómica chegaba da man da xuvenil Carmen López Diniz, con un salto en triple de 8,71 sendo 2ª clasificada.
Ademáis participaba a cadete Claudia Graña en dúas probas con bos resultados: en 60 valados 11,54 e 3ª clasificada e en triple un mellor salto de 7,95 sendo 5ª na xeral cadete.
O vindeiro fin de semana os atletas do Maderas Barcia Lourenzá terán unha dobre cita: En Viveiro o sábado 16 a 1ª preparatoria de campo a través e, a cita máis esperada; o vindeiro sábado en Riazor tamén a Final do Cto. Galego de Liga Federada, onde están clasificados os equipos Infantil Feminino e Benxamín Feminino.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
