Esta 15ª edición dos tradicionais premios cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental na Galiza, coincide tamén coas celebracións dos 40 anos da nosa organización, consituida en 1975 e legalizada en 1976.
Xa que logo queremos ante todo recoñecer o traballo e o compromiso xeneroso dos milleiros de socios e socias de ADEGA ao longo destes 40 anos. Para eles, para vós, presentes e ausentes, vai o premio Osíxeno de Honra por termar do ecoloxismo galego e defender a natureza do país durante todo este tempo.
Premios Osíxeno 2015 ás millores actitudes ou actuacións ambientais do ano
– Premio OSÍXENO 2015, categoría individual: Xesús Asorey Martínez, secretario técnico da AGA (Asociación Galega de Apicultura) pola súa loita incansábel por divulgar e manter viva esta actividade tradicional, especialmente nos últimos tempos cos problemas dos pesticidas e a vespa velutina.
-Premio OSÍXENO 2015, categoría colectivo: á Granxa Arqueixal, referente da produción ecolóxica en Galiza e exemplo de dinamización e posta en valor do medio rural con iniciativas respectuosas e sustentábeis.
Premios Dioxina 2015 ás accións máis nefastas para o ambiente
-Premio DIOXINA 2015, categoría individual: á empresa ENCE, pola súa teima en seguir contaminando outros 75 anos a ría de Pontevedra e ser responsábel da enorme estensión do eucalipto en Galiza. Neste 2016, ENCE fóra pra sempre!
-Premio DIOXINA 2015, categoría colectivo: Aos “líderes mundiais” responsábeis do decepcionante resultado do Cumio do Clima de París. A súa falla de visión e de responsabilidade ao pechar un acordo sen medidas urxentes nen compromisos vinculantes, supón outra oportunidade perdida na loita contra o cambio climático.
Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 30 de xaneiro a partires das 14.30 horas na Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela).




















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



