Viveiro, 14 de xaneiro de 2016.- O cinco de xaneiro, a prensa da comarca facíase eco dunha nova nestes termos: “La junta general de la Comunidad de Montes en Mano Común de Galdo, el pasado 27 de junio acordó por unanimidad donar a la parroquia la campana nueva, que costó 10.381,80 euros”.
O comunicado non tería maior interese de non ser que, no mes de agosto do pasado ano, o Grupo Municipal SON VIVEIRO tivese rexistrado unha iniciativa dirixida á Alcaldía de Viveiro interesándose pola escasísima colaboración que a directiva da Comunidade de Montes desa parroquia destina a obras, posto que a contía total dos investimentos en dito apartado fora de 266 € e de 393,25 € nos exercicios dos anos 2013 e 2014, respectivamente.
Desde o ano 1989 ao 2003, comunica a formación viveirense, estivo vixente un convenio polo que as Comunidades de Montes e o Concello achegaban ás obras de cada parroquia o 50% do custo das mesmas; nese convenio, estaban incluídos o arranxo e a limpeza de pistas, alumeado público, cemiterios, fontes, etc., sendo na actualidade o Concello e outras administracións quen afrontan en solitario a totalidade dos custos destas actuacións, ao tempo que estes colectivos desvían os seus orzamentos a actuacións de carácter privado, como é no caso que nos ocupa.
No seu programa electoral, o PSOE de Viveiro manifestaba, en relación a obras e infraestruturas: “Continuaremos cos acordos e convenios coas Asociacións de Montes, para a realización de obras de mellora para cada parroquia”.
A realidade é ben distinta: nin se mantiveron as reunións prometidas pola Sra. Alcaldesa, nin se está dedicando a atención que as distintas parroquias demandan.
Solicitan da Alcaldía o cumprimento do prometido, promovendo as xuntanzas anunciadas con estes colectivos na busca de convenios ou acordos que corrixan tamén o actual desfase, tanto por parte do goberno local como das comunidades de montes.
Xunto á igrexa onde foi instalada a campá citada, unha pista que conduce ao cemiterio parroquial está chea de fochancas e a escasos cen metros son tan frecuentes as roturas no entubado de abastecemento de auga que a pista xa non se asfalta. Tamén critican, desde SON VIVEIRO, a escasísima partida de 125.000 euros do presuposto municipal destinada a pavimentación, mantemento e conservación de vías públicas.
Non existe un plan plurianual para efectuar obras, en colaboración con outras administracións, que lle permitan o acceso á traída de auga e ao saneamento municipais á gran cantidade de veciñas e veciños que, en pleno século XXI, continúan carecendo de tan elementais servizos, co agravante de que a elaboración dos recentemente aprobados orzamentos municipais se produciu de costas ás distintas asociacións veciñais, das que as comunidades de montes son unha parte moi importante.
Denuncian tamén o desequilibrio entre as achegas dedicadas a festas e as partidas para obras de primeira necesidade, que posúen unha gran demanda nas zonas rurais e son imprescindibles para corrixir o desequilibrio existente con respecto ás urbanas e critican que a obra estrela do P.P., anunciada polo deputado nacional Jaime Olano, para o actual exercicio non sexa outra que a construción dun paseo marítimo desde Sacido á Ínsua, cuxa principal intención é a satisfacción de determinados intereses particulares antes que a abordaxe da urxente substitución da rede de saneamento municipal.
SON VIVEIRO propón a elaboración dun plan especial que, en varias fases, acometa a substitución dos 16.314,3 metros de entubado de fibrocemento existentes por ser este material, de prohibida comercialización desde o ano 2002, o que actualmente conduce a auga potable no noso Concello así como as ampliacións das conducións de abastecemento e saneamento.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



