O Burela Pescados Rubén vence con comodidade ao Valdetires Ferrol por 1-6 nun monólogo laranxa de principio a fin. O Valdetires buscou as súas opcións de sorpresa en pecharse e intentar pescar algunha concesión burelesa pero o conxunto dirixido por Lucas saltou á pista concentrado. O control do xogo burelés derivou en ocasións e Bea Mateos foi a primeira en acertar coa meta defendida por Iria. Tralo 0-1, o Burela mantivo o acelerador e Claudia tras asistencia de Peque marcou o 0-2. As ferrolanas apenas inquietaban a meta burelesa custodiada por Andrea, algún disparo afastado sen maior perigo. A renda laranxa aumentou co 0-3 materializado por Peque nunha acción individual e con ese marcador chegouse ao descanso. Na segunda parte o decorado non cambiou, dominio burelés e as ferrolanas capeando o temporal. Gaby protagonizó o 0-4 tras culminar unha estratexia de córner, as mariñás relaxáronse un pouco e Erika aproveitou para recortar distancias (1-4), minuto 26. O intento de reacción local quedouse en mero espellismo e o Burela Pescados Rubén redondeou a súa vitoria (1-6) cos goles de Claudia e Judith.
Ficha técnica
Valdetires Ferrol: Iria, Lidia, Erika, Shey, Didi -cinco inicial- Alba, Belén.
CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Peque, Maite, Bea Mateos, Gaby -cinco inicial- Claudia, Ceci, Judith e Lara.
Goles: 0-1, m.3, Bea Mateos; 0-2, m.8, Claudia; 0-3, m.14, Peque; 0-4, m.23, Gaby; 1-4, m.26, Erika; 1-5, m.31, Claudia; 1-6, m.39, Judith.
Árbitros: Álvarez Branco, Castro Bermúdez. Colexio lucense.
Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón de Esteiro.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
