Santiago, 19 de xaneiro de 2016.- A Xunta de Galicia licita este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) o contrato de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados nas catro provincias galegas, por un importe de 368.977 euros, e que está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020.
En total actuaranse en tramos e zonas que suman case 450 quilómetros (431,31), repartidos entre as catro provincias galegas, sendo a de Coruña (con 123,16 km) á que se sitúa á cabeza, seguida pola de de Lugo con 114,2 km, en terceiro lugar está a provincia de Pontevedra con 113,75 km e a de Ourense que suma 80,2 km. Así, priorizáronse os tramos que se atopan en Rede Natura e aquelas zonas que teñen un alto valor natural.
Os traballos que comprende este contrato son a roza selectiva da vexetación herbácea existente nos sendeiros de ambas marxes do río e nos principais postos de pesca en diversos tramos. Tamén se procederá á eliminación das especies vexetais exóticas invasoras presentes nos ámbitos de traballo; así como á retirada dos restos vexetais, traballos de limpeza (retirada de residuos asimilables aos sólidos urbanos) e traballos de poda sobre remas enfermas, torcidas e rotas que poidan entorpecer ou dificultar o paso a pescadores, corte de árbores caídas nas sendas.
As entidades interesadas en presentar as súas ofertas a este contrato público dispoñen ata o vindeiro 22 de febreiro.
Coutos ou tramos nos que se actuará na provincia de Lugo:
| Couto/Tramo | Límite superior | Límite inferior |
Km |
| “SALMEÁN” L1 y L2 | Presa de Xinzo (A Pontenova; x=647.359, y=4.798.145) | Pasarela do Refuxio (A Pontenova; x=645.805, y=4.798.773) |
2,4 |
| “A PONTENOVA “L1, L2 y L3 | A Ponte do Pico (A Pontenova; x=646.636, y=4.801.549) | Ponte do Cairo (A Pontenova e Asturias; x=648.188, y=4.804.887) |
5,0 |
| “A PONTENOVA” L4 y L5 (compartidos) | Ponte do Cairo (A Pontenova e Asturias; x=648.188, y=4.804.887) | Presa do Pé da Viña (Trabada e Asturias; x=647.335, y=4.806.424) |
3,2 |
| “SAN TIRSO” L1, L2 y L3 (compartidos) | Presa do Pé da Viña (Trabada e Asturias; x=647.335, y=4.806.424) | Pasarela da Volta (Asturias; x=648.242, y=4.807.851) |
2,7 |
| “ABRES” L4, L5, L6, L7, L8 y L9 (compartidos) | Río Trabada (Trabada e Asturias; x=651.371, y=4.809.555) | Pozo de Fornacho (Trabada e Asturias; x=653.756, y=4.811.543) |
5,5 |
| “CELEIRO” L1, L2 y L3 | Ponte da Cazolga (Lourenzá; x=636.990, y=4.817.539) | Pozo do Pibidal (Barreiros; x=638.816, y=4.819.534) |
7,7 |
| “FOZ” L1, L2 y L3 | Pasarela de Valmaior (Foz; x=631.894, y=4.825.618) | Ponte de Fazouro (Foz; x=636.548, y=4.827.851) |
8,0 |
| “VIVEIRO” L1, L2, L3 y L4 | Desembocadura Rº das Balsadas (Ourol; x=613.271, y=4.825.811) | A Ponte de Portochao (Viveiro; x=611.958, y=4.832.569) |
11,5 |
| “NAVIA” | Hortas das Veigas, enlace da estrada de Moia (Navia de Suarna; x=663.563, y=4.758.858) | Límite da Comunidade Autónoma de Galicia (Navia de Suarna; x=665.763, y=4.761.900) |
5,6 |
| “COUREL” | A Ponte de Esperante (Folgoso do Courel; x=652.793, y=4.722.813) | Desembocadura do Regato Ferreiros de Abaixo ou Rego da Veiga (Folgoso do Courel; x=649.150, y=4.719.491) |
6,7 |
| “SANTALLA DE LOÚZARA” | A Ponte da Retorta, na estrada entre Gundriz e Praducelo (Samos; x=646.257, y=4.728.653 | Ponte de Santalla de Abaixo, na estrada cara á igrexa (Samos; x=642.855, y=4.724.295) |
9,8 |
| “LÁNCARA” | Pasarela de Carballal (Láncara; x=635.798, y=4.746.319) | A Ponte de Marzán (Láncara; x=628.729, y=4.747.297) |
9,8 |
| “VALDRIZ” | A Ponte de Valdriz (Láncara; x=627.836, y=4.747.037) | Ponte da estrada Lugo-Sarria (Láncara e O Corgo; x=626.732, y=4.747.589) |
1,7 |
| “ORIBIO ALTO” | A Ponte da Balsa (Triacastela; x=643.715, y=4.735.237) | Ponte da Capela do Ciprés (Samos; x=637.122, y=4.732.445) |
12,2 |
| “FROLLAIS” | A Ponte da Veiga de Reiriz (Samos; x=634.619, y=4.734.631) | A Ponte de Fafián (Sarria; x=630.027, y=4.735.450) |
11,4 |
| “RONFE” | A Ponte de Céltigos (Láncara e Sarria; x=631.660, y=4.744.017) | Ponte do ferrocarril (Láncara; x=627.398, y=4.746.298) |
9,1 |
| “LADRA” | Caneiro de toma de auga de Rábade e Outeiro de Rei (Outeiro de Rei; x=610.549, y=4.772.735) | Desembocadura no Miño (Outeiro de Rei; x=612.052, y=4.772.215) |
1,9 |



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



