Burela, 20 de xaneiro de 2016.- Feito o balance da programación da emisora local de Burela durante 2015, os datos indican que o programa máis longo en directo feito na emisora durante o ano foi a edición especial do espazo de tertulia política “Amañando o país”, dirixido e presentado por Luis Rubal, emitido o 18 de decembro, durante a noite previa á xornada de reflexión das eleccións do 20-D. Dito programa emítese semanalmente os martes ás 9 da noite, mais na semana previa ás eleccións contou con tres edicións nas que se falou con candidatos representativos de cada ún dos principais partidos que concorrían ás mesmas. O programa especial de peche de campaña tivo unha duración de tres horas e quince minutos, e ademáis do equipo habitual de tertulianos composto por Daniel Vega (PP), Pascual Tarrón (Ciudadanos) e Juan Carlos Piñeiro (Compromiso por Galicia) tivo a colaboración especial da estudante e locutora Maka Ledo, que forma parte do plantel radiofónico de “Proxecto Neo”.
Nesta entrega especial de “Amañando o país” contactouse en directo durante toda a noite con ata 13 persoeiros da vida política ou veciñal da nosa contorna, que nos deron a súa visión do desenvolvemento da campaña: os deputados populares Jaime de Olano, quen tamén estivo presente nunha edición anterior do programa na mesma semana, e José Manuel Balseiro; José Carlos Rodríguez Andina, exalcalde popular de Ribadeo; os exalcaldes socialistas Roberto Álvarez (Cervo) e José Manuel García Rivera (Foz); Mayra García, alcaldesa de Trabada polo PSdeG-PSOE; o doutor e histórico da política mariñá Pablo Mosquera; Xoán Bascuas, Secretario Xeral de Compromiso por Galicia; Manuel Vicente, candidato ao Senado por Ciudadanos, tamén presente días antes en “Amañando o país”; Salva García, do Círculo Podemos de Burela; Jose Díaz, concelleiro de Cultura burelés; Dory González, suplente nas listas de Nós-Candidatura Galega por Lugo; e o avogado Pablo Álvarez, de ACSA (Asociación de Afectados polas Cláusulas Chan da Mariña).
Por outra banda, o programa máis escoitado no servizo online de Radio á Carta da Emisora do Corazón da Mariña durante 2015 foi a edición do 4 de xuño de “Parolando”, o espazo de debate dirixido e presentado por Pepe Peinó, no que se tratou da polémica xurdida en torno á figura das Raíñas das Festas en varias localidades mariñás, entre elas Burela. Dito espazo, que contou como convidada de excepción vía telefónica coa cantautora María Xosé Silvar “Sés”, acadou 129 reproducións no Ustream.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas, na Conservera de Viveiro. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



