CERVO .- O Concello de Cervo acondicionou unha superficie de 1.596 metros cadrados nas zona da ponte medieval de Lieiro creando “unha nova área de esparexemento á beira do río Cobo”. As obras de recuperación e mellora consistiron na tala das especies invasoras (eucaliptos) na marxe do río, desbroce da maleza existente, uniformado do terreo, movemento e aporte de terra e rexeneración herbácea mediante céspede rústico de toda a área. Así mesmo acometeuse a restauración do muro e dotouse de mobiliario urbano con catro mesas de madeira tratada cos seus respectivos bancos e diversas papeleiras ao longo de toda a área.
Nota de Prensa
O CONCELLO RECUPERA O CONTORNO DA PONTE DE LIEIRO PARA O LECER DOS CIDADÁNS
* A remodelación da zona posibilitou a creación dunha nova área de esparexemento á beira do río Cobo de 1.596 metros cadrados
Cervo, 14 de outubro de 2009.- O Concello de Cervo ven de acometer a mellora medioambiental da zona da ponte medieval de Lieiro co obxecto de recuperar o seu valor paisaxístico a través da creación dunha nova área de lecer que permitirá a promoción de actividades de esparexemento integradas co medio ambiente.
A zona obxecto de actuación ten unha superficie de 1.596 metros cadrados na que se diferencian dúas zonas: a Oeste, que se caracteriza por abundantes afloramentos rochosos e vexetación herbácea; e a zona Este, a cal presenta unha pendente entorno ao 30 % até a beira do río Cobo, na que existen pés diseminados de árbores autóctonas (castiñeiros, loureiro e fresnos) acompañados de pés de eucalipto e abundante maleza. Ámbalas dúas zonas atópanse separadas por un muro de pedra de 30 metros lineais en estado semi-ruinoso e polo denominado camiño á ponte romana, que conta cunha lonxitude de 150 metros e un ancho medio de 3 metros, o cal presentaba igualmente un estado de abandono.
As obras de recuperación e mellora consistiron na tala das especies invasoras (eucaliptos) na marxe do río, desbroce da maleza existente, uniformado do terreo, movemento e aporte de terra e rexeneración herbácea mediante céspede rústico de toda a área. Así mesmo acometeuse a restauración do muro e dotouse de mobiliario urbano con catro mesas de madeira tratada cos seus respectivos bancos e diversas papeleiras ao longo de toda a área.
Alfonso Villares, alcalde de Cervo, sinalou que esta actuación era unha das principais demandas dos veciños da parroquia de Lieiro e lembrou que en abril do ano pasado xa se comprometera cos representantes da asociación veciñal deste núcleo a levar adiante a recuperación deste entorno, “un dos enclaves máis senlleiros do noso municipio”. Neste senso Villares reiterou que un dos obxectivos do actual Goberno local é continuar co traballo iniciado en anos anteriores co proxecto Terras de Azul Cobalto “e tentar facer de todo o termo municipal unha gran área verde como signo distintivo da calidade de vida da que gozan os seus cidadáns”.























A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



