22 de xaneiro de 2016.- Este 21 de xaneiro, houbo unha xuntanza na que estivo presente a Confederación de Anpas Galegas, representada neste caso pola nosa Secretaria, Bertila Fernández, e polo noso Vicepresidente, Fernando Lacaci, e a Secretaría Xeral da Igualdade, quen estivo acompañada pola Subdirectora Xeral de Promoción da Igualdade.
A xuntanza veu promovida pola reclamación da Confederación ANPAS GALEGAS diante da convocatoria de axudas para a realización, polas ANPA, de programas de actividades extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación; e polo que nós entendiamos como un grave erro na convocatoria, ao forzar ás ANPA a recoller datos de carácter tan estritamente privado e comprometido como son as declaracións de IRPF das familias usuarias desas actividades.
O froito inmediato desa reunión, que transcorreu con absoluta normalidade e ánimo colaborativo por ámbalas dúas partes, foi a corrección de erros que hoxe aparece publicada na páxina web da Secretaría Xeral, na que se fai unha interpretación ampla da convocatoria que leva, na práctica, a substituír a obriga de presentar a declaración de IRPF por unha autorización asinada polas familias, nas que se permite á Xunta de Galicia, non as ANPA, a consulta dos datos fiscais das familias dos nenos e nenas que utilizan as actividades que programen as ANPA solicitantes.
Podemos dicir que ficamos satisfeitas do resultado obtido, e agradecemos a receptividade e, sobre todo, a intencionalidade de corrixir para o futuro os erros que houbo nesta ocasión. Iso non quere dicir que pensemos que esta liña de subvencións carece de puntos onde poidamos desacordar; si que os ten, e mesmo discutimos a súa propia concepción, pero neste momento fíxose un cambio positivo e asi o dicimos.
Pero a nós interésanos moito máis, sempre, cal é resultado a medio e longo prazo de calquera xuntanza cos responsables públicos, porque a solución dun problema ten que ser sempre a primeira pedra para que ese problema non se repita; por iso acordamos que a mellor fórmula para non termos de novo esta discrepancia estará na previa comunicación e debate, de se dar o caso, daqueles programas da secretaría xeral nos que puideramos estar afectadas as Asociacións de Nais e Pais. Saímos da xuntanza coa seguridade de que así vai ser dende agora, cousa que valoramos moi positivamente.
Aproveitamos tamén o diálogo para lembrar que as ANPA non temos que organizar ningún servizo porque non é esa a nosa función, debe ser a Consellería de Educación, soa ou en conxunto con outras consellerías ou organismos públicos, quen debera ofertar a totalidade dos servizos educativos, tanto os relativos á docencia como aqueloutros que integren todas as actividades complementarias. De acordo con isto, lembramos que nós organizamos actividades e prestamos servizos dun xeito conxuntural, diante do abandono das autoridades educativas, pero mantendo a nosa reclamación de que sexan estas quen utilicen todos os fondos necesarios, tamén os que se están dedicando a subvencionar ás ANPA, para garantir unha actividade educativa complementaria gratuíta, completa e homoxénea en todo o territorio galego; actividade que podería tamén servir para a promoción do emprego xuvenil na nosa Comunidade.
Aproveitando que estabamos na Secretaría Xeral da Igualdade, falamos tamén da necesidade de que dentro desa educación complementaria se utilicen os tempos para implantar políticas transversais de educación en temas tan necesarios para a igualdade, sen pretensión de ser exhaustivos, como o acoso, o maltrato, o machismo, ou o tratamento das homofobias e as transfobias.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



