Santiago, 25 de xaneiro de 2016.- Este martes, técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultura, en colaboración co club de mergullo Cas e a Armada, teñen previsto actuar nun pecio de madeira descuberto xunto á ponte dos Santos en Ribadeo. A actuación realízase co obxectivo de inventarialo para a súa protección e recoller os materiais arqueolóxicos soltos, susceptibles espolio. Esta actuación realízase como parte dun programa de estudios sistemáticos da costa galega realizados pola Consellería de Cultura e Educación á fin de elaborar o inventario do patrimonio mergullado, para o seu coñecemento e protección efectiva.
Nos últimos anos a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, vén desenvolvendo un programa de arqueoloxía subacuática avanzando na elaboración do inventario do patrimonio arqueolóxico mergullado. O punto de partida deste programa é a base documental dos naufraxios de interese histórico rexistrados nas costas galegas. Esta base documental recolle os naufraxios dos que figura algunha referencia documental pero dos que, na súa maior parte, se descoñece a súa localización precisa.
Metodoloxía de actuación
Nestes estudios, de acordo coa Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural subacuático, utilízanse sobre todo técnicas e métodos de exploración non destrutivos, como é a realización de prospeccións visuais e xeofísicas. Neles considérase a conservación in situ do patrimonio cultural subacuático como a opción prioritaria para a súa protección. Tan só baixo determinadas circunstancias e valorada a súa necesidade, como é o perigo de espolio dalgún obxecto de interese, lévase a cabo a extracción e recuperación deste material, garantindo en todo caso a súa posterior conservación.
Avances na localización e rexistro
Como continuidade dos traballos de prospección arqueolóxica subacuática e de cartografía dos pecios, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos últimos anos, 2014 e 2015, continuou a desenvolver traballos específicos de localización e de rexistro deste patrimonio arqueolóxico en diferentes puntos da costa da nosa comunidade autónoma.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



