Burela, a 26 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela afirmou este martes que “o expediente de solicitude da declaración de Fiesta de Interés Turístico Nacional para a Feira do Bonito elaborado polo alcalde é moi pobre e despreza o papel da Sociedade Cultural Ledicia, organizadora da mesma desde a primeira edición. Aínda así, votará a favor da declaración da Festa do Bonito como Festa de Interese Turístico Nacional por dous motivos: porque sería bo para a propia Festa e para o conxunto de Burela, e porque foi un goberno do PP, xunto coa S. C. Ledicia, quenes tramitaron e conseguiron en 1999 a declaración de Festa de Interese Turístico Galego”.
Os populares indican que “votaremos a favor ainda que consideramos que no expediente se esquece o papel da Sociedade Cultural Ledicia ou cando menos non se recolle con xustiza o papel da mesma no proceso de nacemento, historia e organización da Festa do Bonito. En todo o expediente, só aparece citada unha sola vez, e como entidade colaboradora que ‘ameniza con sus bailes y gaitas’, o que demostra ou mui mala fé por parte do asinante da memoria, nada menos que o alcalde, ou un descoñecemento absoluto das orixes e traxectoria desta Feira, relevante para Burela desde hai décadas”.
Ademais, o GMP asegura que “somos mui críticos co expediente elaborado polo goberno socialista e pola súa tramitación. Por un lado, porque o expediente enviouse o pasado decembro sen o preceptivo acordo plenario que marca como obrigatorio a Orden ITC 1763/2006 de 3 de maio, que regula a declaración deste tipo de eventos; ademais, o expediente é de unha pobreza extrema, baste decir que a memoria explicativa adica únicamente tres folios a resumir o que é a Festa do Bonito e os ¡cinco! folios restantes só recollen meras referencias a medios informativos nos últimos dous anos, e ningunha a cartéis ou dípticos anunciadores dos primeiro anos ou anos pasados. En definitiva, o expediente que vai a pleno, que é o que xa se enviou á administración competente, é un expediente mui pobre e carente de información fundamental. Se as cousas se fixesen con xeito, os grupos da oposición poderíamos facer aportacións á documentación, pero como está xa enviado nada se pode facer para millorar un expediente que, insistimos, é moi pobre”.
O Grupo Municipal Popular considera que “un expediente deste tipo debe tramitarse en todo momento conforme ó que marca a lexislación vixente, debe ser un expediente completo e suficientemente ilustrativo da Festa de referencia, neste caso a do Bonito, e debería contarse coa colaboración da entidade organizadora, neste caso a Sociedade Cultural Ledicia, cousa que sospeitamos que non se fixo, xa que á vista do expediente se traslada a impresión de que é o concello quen organiza e fai a Festa, cando todos os que somos de Burela sabemos que eso non é así, xa que de non ser por Ledicia e os seus voluntarios a Festa do Bonito non se celebraría”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



