Triunfos con trofeo e vale de 50 euros en material deportivo para Henar Méndez, en Prebenxamín Feminino; Ainara Rodríguez, en Infantil Feminino e Nicolás Álvarez, en Infantil Masculino e subcampionato con trofeo para Iria Rodríguez, en Benxamín Feminino.
Foi o pasado sábado na Popular de Rábade (Memorial Eduardo Fdez Villamarín), despois de competir na preparatoria de campo a través, varios representantes das escolas do Maderas Barcia Lourenzá non quixeron perderse esta tradicional proba; na que tamén destacaron ademais Diana Lastra, Valeria Álvarez, Xabi Sordo, Aarón Millares e Ian Méndez.