26 de xaneiro de 2016.- Salvamento Marítimo rescatou na tarde deste martes aos 22 tripulantes do buque mercante tipo ro-ro Modern Express, de bandeira panameña, e trasladounos ata A Coruña.
O buque emitiu o sinal de socorro cando estaba a 148 millas de Cabo Ortegal, en zona de responsabilidade SAR británica correspondente o MRCC Falmouth, que coordinou a emerxencia, aínda que solicitou os medios de rescate españois que se lle ofreceran.
O buque, de 163 metros de eslora, presentaba unha escora de ata 40 grados, o que unido á climatoloxía, con ventos de forza 8 do SW e mar moi grosa a arbolada, fixo que decidiran solicitar a evacuación, dificultada pola grande distancia de terra á que se atopaban. O buque, que procedía de Gabón, dirixíase cara Le Havre (Francia).
No operativo coordinado por Falmouth colaboraron tamén o Centro Nacional de Coordinación (Madrid), Cross ETEL (Francia) e o Centro de Coordinación de Salvamento en Fisterra, que movilizou inicialmente ao helicóptero de salvamento Helimer 401, o avión Sasemar 102 e o helicóptero da Xunta Pesca II. Tamén se movilizou ao Helimer 207 de Xixón, aínda que fue desmovilizado tras o rescate.
Do mesmo xeito, deuse aviso aos buques que se atopaban na zona, acercándose a menos de 3 millas ata un total de 6 buques.
O primeiro medio aéreo en chegar foi o Helimer 401, que conseguiu izar ata o helicóptero a 16 tripulantes do buque, todos en bo estado, e trasladounos ata o aeroporto da Coruña.
A continuación, o helicóptero Pesca II, da Xunta de Galicia, conseguiu rescatar aos 6 mariñeiros restantes e trasladalos a Celeiro.