O tema, sempre actual, que concita o interese dos veciños de Foz, é o referido ó planeamento do territorio municipal, asunto que reclama a atención e seguimento, no que se atopan inmersos boa parte da veciñanza e tamén os chamados “representantes políticos” dos cidadáns; actitudes de veciños e políticos que non sorprenden pois falamos do que puideran ser importantes decisións de futuro. Aquéles pola inquedanza da hipotética modificación ou alteración das posibilidades de uso e,polo tanto, do valor engadido ou minguado das respectivas propiedades; e os plíticos porque a consideran oportunidade axeitada para amosar ós eleutores que son eles, e non os “outros”, os que loitan polos intereses veciñais e que as súas propostas, de ser aceptadas, serán as que salven das desfeitas dos “outros”.
O planeamento foi sempre cuestión peliaguda e os responsabeis- gobernos e oposicións- incapaces de arranxalo. Ésta é, cando menos, a experiencia acumulada a través dos anos. O cronista, vello na praza, non lembra xa cantos “intentos” van dende os tempos da súa adolescencia. No caótico arquivo garda un documento do ano 1942 – hai 75 anos – que barruntaba o posible dun urbanismo iniciático mais racional e sensato pois no escrito lese: “ se está llevando a cabo el plano de población de la villa y los alrededores de Foz que, por su excelente posición topográfica pueden hacerse ensanches y nuevos barrios que vayan marcando el progreso….”. Pero salta á vista que a historia non nos foi propicia; dende entón mais que ensanchar, estreitaron canto atoparon ó paso, acorde cos cativos intelectos. Aquela sociedade, con un 20% de analfabetos, sequera barruntaban a posibilidade dun urbanismo; pero os que viñeron atrás (os “progresistas”, adxetivo ao que todos se adscriben) masacraron o verxel; mentes anquilosadas que deberían ter evolucionado, e non ser artífices da barbarie que nos distingue co feísmo mais procaz e insultante…!
¿Qué dirían hoxe, no 2016, os do 1942 á vista do feito?. Preguntamos:¿ Plan habemus ou dentro de outros tantos anos alguen lembrará a nova oportunidade perdida?, ¡qué Plan, señor..!





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



