O Valadouro, 28 de xaneiro de 2016.- Fai uns días estabamos totalmente inmersos, cos polvoróns e o cava, ás voltas e os regalos que chegaron da man do Apalpador, Papá Noel ou os mesmos Reises Magos… e de súpeto, case sen darnos conta, estamos no tempo do Entroido. Por este motivo, a concellaría que lidera o edil nacionalista Eduardo Chao, organiza o desfile de Entroido.
Nesta ocasión a cita é o domingo 7 de febreiro a partires das 17:00 horas con saida da Casa da Cultura hacia a Avenida da Veiga, Rosalía de Castro, Andrés López Palmeiro, Avda de Viveiro e José Antonio Ferreiro González ata o pavillón, lugar onde se entregarán os premios do concurso.
AS inscricións poden facerse desde o luns 1 de febreiro desde 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00horas, o sábado 6 de febreiro de 10:00 a 13:00 ou o mesmo domingo de 15:00 a 14:30horas nas oficinas da Casa da Cultura.
Os premios ós que se poden obtar (A categoría infantil consdérase ata os 13 anos cumpridos o 1 de xaneiro):
Individual Infantil:
1º premio de 50€
2º premio de 35€
3º premio de 25€
Parella Infantil:
1º premio de 70€
2º premio de 50€
3º premio de 40€
Grupo Infantil:
1º premio de 80€
2º premio de 70€
3º premio de 60€
Individual Adulto:
1º premio de 70€
2º premio de 50€
3º premio de 40€
Parella Adulto:
1º premio de 90€
2º premio de 70€
3º premio de 50€
Grupo Adulto:
1º premio de 150€
2º premio de 100€
3º premio de 80€
Ademáis entre todos os participantes no desfile resérvanse dous premios de 20€ para aqueles disfraces elaborados, cómicos,… e que non resultaran agraciados con ningún premio en ninguna categoría.
Desde a concellaría de cultura, convidan a participar da Festa do Entroido e que anque non se gañe ningún premio o importante é participar e vir co espírito de pasalo ben.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



