Bruxelas, 29 Xaneiro 2016. O pasado mes de decembro a Eurocámara procedeu á aprobación dunha emenda rexistrada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), insertada na resolución do Parlamento Europeo (PE) Unha nova PPC: estrutura para as medidas técnicas e para os plans plurianuais, co fin de que no texto final deste informe ficase especificado que “a pesca artesanal accidental nas augas interiores dos Estados e das rexións debe permanecer fóra dos TAC[2]”. A nivel galego, isto suporía que as embarcacións que se adican a artes de enmalle[3], como por exemplo as betas ou os miños, non se verían obrigadas a tirar unha parte dos lotes de peixe capturado ao mar, minimizando deste xeito as grandes perdas que están a ter a día de hoxe.
Dita emenda foi elaborada a partir da información proporcionada polo Patrón Maior da Confraría de Cangas, Francisco Javier Costa, durante a realización da xornada “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, convocada por AGEe o pasado mes de novembro nesta vila do Morrazo.
Así, avanzando na reivindicación do sector de que a pesca artesanal galega accidental estea libre de TAC’s e cotas dentro das augas interiores, a eurodeputada de AGEe Lídia Senra rexistrou onte unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea interpelando directamente á Comisión Europea para que concrete se vai “tomar en consideración este punto da Resolución do Parlamento Europeo” e, en caso afirmativo, “que accións emprenderá para que se faga efectivo nos Estados membro e en que prazo”.
A eurodeputada galega destacou a relevancia para Galiza de incorporar esta consideración na PPC, subliñando que “este é un aspecto moi importante para manter a economías das pequenas embarcacións que se adican á pesca artesanal e abastecen os mercados diarios de peixe fresco”.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



