Cervo, 30 de xaneiro de 2016. As localidades de San Cibrao e Cervo acollerán do 5 ao 9 de febreiro diversas actividades para celebrar o Entroido coa colaboración do Concello. Nos dous casos os organizadores premian aos que se inscriban con antelación para participar nos desfiles.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “a asociación Airiños do Xunco e o Concello traballan nos últimos detalles do Entroido de Cervo, no que se mesturan as actividades infantís cos desfiles e concursos de disfraces. En canto ao actos para os nenos e nenas, en Cervo teñen preparado o tradicional playback infantil para o sábado 6 de febreiro ás 18:30 horas na Casa do Concello. O desfile de Cervo será durante o Domingo de Entroido, día 7, dende ás 18 horas, partirá do pavillón do CEIP e discorrerá polas rúas da vila rematando na praza do Souto, onde se entregarán os premios. En Cervo as comparsas deberán estar integradas por máis de 8 persoas e as que se inscriban antes do de febreiro recibirán unha cesta con produtos típicos do Entroido. Tamén haberá premios aos mellores disfraces, con consistirán en figuras de cerámica e cestas con produtos típicos destas datas. Para máis información sobre os actos do Entroido de Cervo os interesados poden contactar con Rafa, chamando ao teléfono 600.96.83.44, ou con Azucena, no 982.55.76.13, de Airiños do Xunco”.
Dolores García tamén comentou que “o desfile de Entroido en San Ciprián celebrarase o martes, día 9, con saída e remate na praza dos Campos. Ademais ese mesmo día haberá música coa charanga Os Macanudos e o grupo Fusión Tapyioka; cea de Entroido, que organiza o CIT, e venda de bolos preñados a cargo da asociación Península da Paz. En San Ciprián o prazo para inscribirse no desfile e recibir un detalle remata o venres día 5 de febreiro. Nese caso beneficiaranse de vales de consumición en locais de hostalería e bolos preñados. Despois desa data a inscrición poderá realizarse tamén, incluso o mesmo día, pero xa sen dereito a eses agasallos. Para máis información os interesados poden poñerse en contacto coa Casa da Cultura ou coa Casa do Mar. No caso do desfile do Entroido de San Ciprián repartiranse 2.300 euros en premios”.
Ademais haberá outras actividades: o venres 5 de febreiro celebrarase un baile no salón de actos da Casa do Mar de San Cibrao a partir das 12 da noite; estará amenizado pola discoteca móbil Blanco y Negro, haberá premios e está organizado pola asociación Amigos da Maruxaina. O sábado 6 desenvolverase un baile de máscaras no salón de actos da Casa do Mar de San Ciprián a partir das cinco da tarde con música en directo a cargo do dúo Areal, que está organizado pola asociación Terramar. O luns 8 haberá baile infantil no salón de actos da Casa do Mar de San Ciprián a partir das seis da tarde con espectáculo de pallasos e sorpresas, organizado polo Concello de Cervo, que tamén promove os inchables para nenos e nenas que haberá de 20 a 22 horas ese mesmo día na carpa que se instalará na praza dos Campos, onde a partir das dez da noite terá lugar o Espectáculo de Lume e unha hora máis tarde empezará un baile coa discoteca móbil Tapyoka.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



