Lugo, 30 xaneiro de 2016.- O deputado do PP por Lugo, Joaquín García Díez, valorou este sábado de forma positiva os últimos datos da EPA. Destacou que 2015 rexistrou o maior descenso do paro de toda a serie histórica con 678.200 parados menos nun ano e a creación de 525.000 empregos novos. Subliñou que estas cifras non son froito da casualidade, senón das reformas levadas a cabo polo Goberno de Rajoy e insistiu en que “non debemos desandar camiños que só nos leven de volta á casiña de saída”.
Na súa intervención García Díez fixo fincapé na contratación de tipo fixa que agora é do 75% “co que se destrúe a falacia da oposición de que o emprego que se crea en España é precario e temporal”, matizou.
Ademais, explicou que desde mediados de 2013, punto de inflexión da crise, o paro reduciuse en España nun millón e medio de persoas e creáronse máis dun millón de postos de traballo. Así mesmo, recordou que en Lugo neste período reduciuse o paro en 7.000 persoas e creáronse 8.600 postos de traballo.
O deputado por Lugo insistiu en que, para reverter a ruína económica á que nos levaron os socialistas, o Goberno viuse obrigado a acometer reformas “que agora están dando os seus froitos”. Puxo de manifesto que son esas mesmas reformas as que pretenden derrogar PSOE e Podemos e alertou do risco que supoñería para o crecemento económico un eventual goberno formado por coalicións con partidos radicais”.
EN 2015 MÁIS DE 113.000 MOZOS ATOPARON EMPREGO
Neste sentido, recordou que a finais do 2011 o PIB de España caía un -1,0% e agora crecemos a un ritmo do 3,4%, máis do dobre que a media da zona euro (1,6%). Joaquín García Díez asegurou que as políticas do PP permitiron recuperar a confianza internacional na nosa economía e a confianza dos españois sobre as expectativas de futuro do noso país.
O Índice de Sentimento Económico, que mide a confianza na evolución da economía de consumidores e de produtores, subiu en España ata os 112 puntos a finais de 2015 (21,2 puntos máis que cando o PP chegou ao Goberno). García Díez puxo de manifesto que a incerteza política tralo 20-D fixo que en xaneiro esta confianza experimente unha caída.
O deputado por Lugo tamén quixo destacar os datos da Enquisa de Poboación Activa, que reflicten que o número de fogares con todos os seus membros en paro diminúen en comparativa anual en máis de 200.000.
Por grupos de idade, o colectivo máis beneficiado este trimestre foi o de menores de 25 anos, con 79.100 parados menos. En 2015, máis de 113.000 mozos deixaron de estar en paro.
PNL PARA A CONTINUIDADE DA RECUPERACIÓN ECONÓMICA
Joaquín García Díez tamén se referiu á presentación no Congreso dos Deputados, por parte do Grupo Parlamentario Popular, dunha Proposición non de Lei relativa a “garantir a continuidade da recuperación económica e a creación de emprego no noso país”.
Nesta iniciativa que os populares rexistraron na Cámara Baixa, segundo explicou García Díez, ponse de manifesto a necesidade de impulsar todas aquelas reformas imprescindibles para seguir mellorando nosa competitividade e garantir a continuidade da recuperación económica.
Así, o deputado lucense recordou que, grazas a todas as reformas emprendidas polo Executivo de Mariano Rajoy, foi posible a creación de máis de 100.000 novas empresas no noso país, o encadenamento de ata 8 trimestres consecutivos de crecemento da nosa economía, cada vez a un ritmo maior ata dobrar a media de crecemento europea.
“Se estas reformas fréanse, senón seguimos polo camiño que tan bos resultados deu a España e si retrocedemos ás políticas do despilfarro, ou nos deixamos caer en mans dos populistas, o crecemento, a creación de emprego e o benestar serán só un espellismo de algo que puido, pero que non foi”, avisou García Díez.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



