Mindelo (Cabo Verde), 31 de xaneiro de 2016.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda comprobou este domingo de primeira man os proxectos levados a cabo en Mindelo, na illa de San Vicente, grazas ás axudas da Cooperación Galega nos últimos anos, que ascenden a máis de un millón de euros.
Alfonso Rueda visitou esta mañá o Instituto Nacional para o Desenvolvemento das Pescas, co que o goberno galego colabora actualmente no marco do proxecto “Fortalecemento de institucións académicas e de investigación en Cabo Verde como contribución ao desenvolvemento social, económico e ambiental do sector mariño”, que está sendo liderado polo Campus do Mar coa colaboración da Fundación CETMAR. Na actualidade, o proxecto, atópase na súa segunda fase de execución (2015- 2016) grazas ao financiamento da Xunta de Galicia.
Posteriormente, o titular da Vicepresidencia, visitou o Entreposto de Frío no Porto Grande de San Vicente de Mindelo, posto en funcionamento o pasado mes de outubro coma plataforma loxística estratéxica de distribución de produtos pesqueiros para todas as frotas que faenan no Océano Atlántico en xeral, e para a galega en particular, sobre todo para o sector do palangre de superficie, de grande importancia na zona.
Esta infraestrutura de tratamento, conxelación e conservación de produtos da pesca, incorpora diferentes cámaras de complexo de frío, tanto para peixe, especialmente túnidos, como para froitas, vexetais ou mesmo lácteos. No caso da liña de proceso da frota artesanal, conta con áreas de descabezado e eviscerado, fileteado, túneles de conxelado (con capacidade para 6.700 quilos diarios), envasado e conxelación en salmoira.
Cooperación Galega en Cabo Verde
Cabo Verde ten sido definido como país prioritario da Cooperación Galega nos tres Plans directores executados ata o momento, e aos que a Cooperación Galega ten destinado un total de 1.035.794 euros, cunha colaboración directa, financiando intervencións ca sinatura de diferentes convenios, fundamentalmente co Fogacosol e ca Fundación CETMAR, para o apoio ao sector pesqueiro e ao fortalecemento municipal.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FOGACOSOL), comezou no ano 2002 ca cooperación bilateral coa Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos (ANMCV), tendo impulsado un total de 33 proxectos de cooperación internacional centrados en áreas como a habitabilidade, o xénero, a saúde e a educación.
Na mesma liña de cooperación, entre os anos 2006 e 2012, o CETMAR colaborou co Ministerio de Pesca de Cabo Verde na execución de varios proxectos relacionados co apoio ao desenvolvemento do Sector Pesqueiro Artesanal, contando para elo con financiamento de AECID e da Cooperación Galega. Tamén executou un proxecto de promoción do asociacionismo das mulleres das comunidades de pescadores, cun financiamento de 130.000 euros da Unión Europea.
Finalmente, o CETMAR, a través da Universidade de Vigo prestou asistencia técnica na execución do proxecto de fortalecemento das institucións de investigación e académicas relacionadas co ámbito mariño que foi financiado pola Cooperación Galega, na convocatoria de axudas para proxectos no exterior doutros axentes do ano 2012 e 2015.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



