O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, recibiu este luns no seu despacho a Mariluz Abella García, dentro da rolda de visitas institucionais que a nova responsable da Asociación Española contra o Cancro en Lugo está a realizar, dende que ocupou o posto o pasado 15 de decembro.
Mariluz Abella, que é inspectora xubilada de Educación, explicoulle ao subdelegado os seus obxectivos á fronte da asociación, centrados principalmente en aumentar o número de socios, a rede de voluntarios e a recadación destinada á investigación do cancro, para dar resposta e axudar tanto aos afectados por esta enfermidade como ás persoas do seu entorno. Ramón Carballo transmitiulle o seu apoio, tanto persoal como institucional.