Foz, 1 de xaneiro de 2016.- O grupo municipal socialista quere facer unha análise dalgún dos puntos da orde do día:
No punto de rogos e preguntas o PSOE fai unha pregunta ó Sr. Alcalde sobre “a nova gasolineira” . Visto o informe da Xefatura Territorial da Concellería de Medio Ambiente, onde se consulta ás administracións públicas afectadas, outorgándoselles un prazo de quince días para remitir observacións e alegacións, que de non recibirse en prazo os informes entenderanse favorables. Visto que dos oito organismos consultados so Patrimonio responde, nin Industria, nin Riscos Ambientais….Visto que o Concello de Foz tampouco fixo ningunha observación e/ou alegación, a pregunta era fácil: ¿Por qué?. Non estamos a falar de informes técnicos senón de observacións e alegacións, e ó PSOE de Foz se nos ocurren moitas: estar ó lado dunha gardería, enfronte dun asilo de anciáns, zona de transito de peóns onde agora non haberá acera e terán que pasar por diante dunha zoa de paso de coches (se podería haber pedido un informe de seguridade vial) , en pleno proceso de humanizar e semipeatonalizar o centro de Foz se xerará un transito continuo de vehículos e camións de repostaxe ….A contestación do Sr. Alcalde non é tal, pois so responde que é legal e fala de informes técnicos, cando claramente como organismo afectado podería haber feito alegacións. Dende o grupo municipal socialista debemos dicir que para nada se contesta a nosa pregunta, que pensamos que desde o Concello se tiña que haber emitido ese informe e que consideramos que o “oscurantismo” e a falta de lealdade por parte do Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno foi manifesta, non so cos Concelleiros senón con todo o pobo de Foz.
Por outro lado non podemos obviar a actitude da portavoz do BNG, protestando por que o PSOE pregunte por un tema importante para todos os veciños de Foz, non encontramos suficientes adxetivos para calificala: Sras concelleiras do BNG os “berrinches” son propios dunha gardería non dun Pleno. O PSOE, despois de consultar os expedientes, de reunirse cos veciños que están recollendo firmas de cara a manifestar a súa oposición a este proxecto e de traballar sobre un tema importante para Foz, fixo unha pregunta ó Sr. Alcalde e vostedes deberían haber usado o seu turno para facer a súa e non comportarse como pícaras de colexio.
Punto 13 da orde do día: PROPOSTA DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG POLA QUE SE SOLICITA UNHA NOVA EXPOSICIÓN PÚBLICA PREVIA Á APROBACIÓN PROVISIONAL DO PXOM. Na Comisión informativa de Pleno o PSOE se abstivo neste tema, pero mantendo que, aínda pensando que non era necesario, non votaríamos en contra dunha nova exposición pública . E posto que o PP votou en contra o PSOE debe votar a favor porque neste caso a abstención sería un NO a esa exposición.
O grupo municipal socialista de Foz, votou a favor á proposta do Sr. Alcalde de que quedase enriba da mesa despois dunha reunión de portavoces á espera dos informes pertinentes que corroboren que non é posible esa nova exposición pública.
Punto 5 da orde do día: DOTACIÓN DE GASTO DE PERSONAL PARA INCREMENTO RPT, proposta da Alcaldía, a que o PSOE vota a favor aínda que fai saber que supón levantar un reparo de intervención en canto a Estabilidade Orzamentaria, argumento que usou o grupo municipal do PP para presentar alegación á moción do PSOE sobre a rebaixa do “catastro” do 0,6% ó 0,4% e que fixo que non entrase en vigor a nova ordenanza no 2016, co claro perxuizo para todos os veciños do noso concello. Para o PP e o Sr. Alcalde levantar ese reparo ,neste caso, non supuxo ningún esforzo.
Fdo: Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de FOZ


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



