ADEGA vén de celebrar a súa 40 Asemblea Xeral. Van aló xa 40 anos de ecoloxismo e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza, posíbel grazas ao compromiso xeneroso e solidario dos milleiros de socios e socias. Parabéns a tod@s!
Propostas de resolución da 40 Asemblea Xeral de ADEGA
Ence e ría de Pontevedra: A Asemblea de ADEGA rexeita a concesión da prórroga a Ence en Lourizán perpetrada polo governo español en funcións, amosa a solidariedade coa cidadanía de Pontevedra e comarca fronte a este atropelo e demanda do novo governo do estado a revogación inmediata da prórroga, a derrogación da modificación da Lei de Costas e a declaración da caducidade da concesión de ocupación de terreos públicos do emprazamento de ENCE en Lourizán.
Lei de acuicultura: A Asemblea de ADEGA exixe a inmediata retirada do borrador de lei de Acuicultura recentemente presentado polo governo de Núñez Feijóo. O noso litoral e as nosas rías deben ante todo seren protexidas para manter o seu equilibrio ecolóxico, garantía para un aproveitamento sustentábel dos seus recursos. Equiparar a acuicultura industrial co marisqueo e a pesca tradicional non é ordenar o sector como di Feijóo: significa entregar o noso litoral ás multinacionais dos peixes de plástico, os antibióticos e as hormonas.
Sentenza do Prestige: A Asemblea de ADEGA lamenta que a recente sentenza do Supremo sobre a catástrofe do Prestige non contemple a revisión do proxeso para xulgar aos principais responsábeis administrativos da catástrofe. Xa que logo, coa confirmación da absolución de López-Sors, certifícase a impunidade dos cargos políticos responsábeis das decisións que converteron un accidente marítimo na maior catástrofe ecolóxica da historia de Galiza, e reafírmase a indefensión da cidadanía e o ambiente galego fronte a casos similares. Neste senso, a Asemblea de ADEGA manifesta o seu apoio á Plataforna Nunca Máis nun eventual recurso xudicial fronte ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo.
Política e ambiente: As propostas de xestión do territorio, dos modelos de transporte, xeración de recursos e tratamento de residuos, conservación da diversidade natural e dos servizos ecosistémicos que presta a Natureza (auga, alimento, aire limpo, protección contra o clima extremo, etc.) están case sempre ausentes da primeira liña política e eleitoral. A Asemblea de ADEGA reclama que a presenza das cuestión ambientais, incluida a educación ambental, no debate e nas negociacións políticas estea á altura da transcendencia que ten como xestionamos os ríos, os bosques, os recursos pesqueiros, mineiros, os residuos… Porque ben sabemos que consecuencias teñen determinadas propostas e modelos de intervención para o noso medio e as nosas xentes. Se nos preocupa a escaseza de propostas ambientais nas campañas eleitorais, máis grave é o posterior incumprimento daquelas máis interesantes, polo que ADEGA prestará especial atención ao seu seguemento.
Economía circular e emprego verde: Nestes tempos de crise ecolóxica e económica precisamos mudar o paradigma da economía convencional cara un novo modelo de producción e consumo baseado en fundamentos ecolóxicos e de xustiza social. Debemos enfrontar unha transición dende a economía de ciclos abertos, baseada en “extraer-fabricar-vender-usar-tirar” á economía de circuitos pechados que imite os ciclos naturais para ser más eficiente, racional e equilibrada. Nesta economía circular a reutilización, a reparación e o reciclado son a norma e os residuos a excepción. Para ser ademáis unha economía verde debería ter unha baixa intensidade en carbono, materia e enerxía, e usar os recursos de forma eficiente e ser socialmente inclusiva. Calquera outro modelo económico pretendidamente “ecolóxico” que non inclúa estes principios, só é a economía “marrón” de sempre pintada de verde.
Entrega dos premios Osíxeno 2015
No decurso do xantar de confraternización da 40 Asemblea fixemos entraga dos premios Osíxeno 2015. Foron premiados/as na categoría individual o apicultor e secretario técnico de AGA (Asociación Galega de Apicultura) Xesús Asorey; a Granxa Arqueixal na categoría colectivo e na de honra ao socio/a máis novo (Xoel) e ao máis veterano (Paco Graña) presentes no acto, en representación de todos os socios/as que ao longo destes 40 anos mantiveron vivo o ecoloxismo galego.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



