Cervo, 1 de febreiro de 2016.- O Concello de Cervo convoca un concurso co título Un orixinal por amor con motivo da celebración do Día dos Namorados. Os traballos poden elaborarse co material e no formato que elixan os participantes.
As bases indican que o tema xenérico é “amor orixinal” e que se valorará moi positivamente a orixinalidade e o sentimento á hora de reflectir un sentimento por outra persoa. Establécense dúas categorías: unha para rapaces de 14 a 17 anos de idade e a outra para maiores de 18 anos.
Tamén se especifica nas bases que “os traballos serán co material e formato que se queira, sempre que sexan orixinais e sorprendan, onde se reflicta unha mensaxe de amor de forma orixinal; cada autor poderá presentar cantos traballos deséxese; con cada obra acompañarase unha folla cos datos persoais do autor indicando nome e apelidos, idade e número de teléfono; as imaxes, tanto premiadas como non premiadas, quedarán a tódolos efectos en poder do Concello de Cervo, que decidirá sobre o seu uso segundo considere oportuno; o xurado estará formado por cinco membros e a súa decisión é inapelable; os gañadores serán publicados nas redes sociais do Concello de Cervo e os seus autores recibirán un premio por categoría; o fallo do xurado farase público neste mes de febreiro; a presentación neste concurso supón a aceptación das presentes bases, a decisión do xurado e a renuncia a calquera reclamación”
Os traballos poden enviarse ou entregarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa do Mar, en San Cibrao, e o prazo remata o día 12 deste mes, venres.
Os interesados en obter máis información poden chamar aos teléfonos 691.65.66.00 ou 615.32.13.86 ou dirixirse aos correos electrónicos dinamizacion@concellodecervo.com ou omix@concellodecervo.com.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



