Estrasburgo, 2 de febreiro de 2016.- Na mañá deste martes procedeuse ao debate da proposta de decisión do Parlamento Europeo e do Consello relativa á creación dunha plataforma europea para reforzar a cooperación en materia de prevención e desincentivación do traballo non declarado.
Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) concordamos en que o traballo debe ser “todo declarado e con dereitos”, “mais a loita contra o traballo non declarado non debe penalizar ás traballadoras e traballadores atrapados nel, unha situación que afecta ademais de xeito moi relevante ás mulleres e persoas migrantes”, sinalou a eurodeputada Lídia Senra.
O obxectivo principal das medidas europeas neste sentido ten que ser dignificar o traballo, garantir que todas as traballadoras e traballadores teñamos dereitos sociais e laborais, así como salarios dignos. Por iso, ademais de desincentivar o traballo non declarado, “é necesario eliminar as reformas laborais que quitan dereitos, precarizan ás persoas e consagran a cada vez máis habitual figura das traballadoras e traballadores pobres”. Tamén para avanzar neste eido, resulta fundamental “oporse á converxencia regulatoria explicitada en tratados coma o TTIP, xa que os EEUU non ratificaron moitas das convencións da Organización Internacional do Traballo (OIT) si asumidas pola UE”.
Tamén resulta significativamente alarmante os numerosos casos de “falsos autónomos” como consecuencia da precarización que conleva a práctica das subcontratas. “Estamos falando en moitas ocasións de antiguos traballadores e traballadoras de empresas que son obrigados a converterse en autónomos para poder seguir traballando, pero nunhas condicións de enorme precariedade”, ilustrou Senra.
Aliás, predicións de futuro no eido laboral global como as realizadas recentemente polo Foro de Davos, nas que se contempla a desaparición de alomenos 5 millóns de postos de traballo, debuxan un escenario no que “as medidas que realmente precisan con urxencia as traballadoras e traballadores para que sexan respectados, xa non só os dereitos laborais, senón tamén os sociais e humanos, son o establecemento dun salario mínimo europeo e o garantemento dunha renda básica universal”, defendeu a eurodeputada galega.Salario mínimo europeo e renda básica universal son instrumentos imprescindíbeis na loita pola dignificación do traballo.Salario mínimo europeo e renda básica universal son instrumentos imprescindíbeis na loita pola dignificación do traballo.
Salario mínimo europeo e renda básica universal son instrumentos imprescindíbeis na loita pola dignificación do traballo.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



