Estrasburgo, 3 de febreiro de 2016.- Na tarde deste martes o Parlamento Europeo debateu en sesión plenaria unha pregunta oral relativa á falta de responsabilidade da Comisión Europea ao non estar desenvolvendo o Compromiso estratéxico para a igualdade de xénero 2016-2019. Dito texto, lonxe de respostar á Resolución do PE (9 de xuño 2015) que facía fincapé na necesidade de que a Comisión Europea (CE) establecera unha nova estratexia que dera continuidade á finalizada no 2015, é identificado na pregunta oral debatida hoxe como “un mero documento de traballo dos servizos da Comisión (…) nin a Comisión o adoptou nin ter valor interinstitucional algún”.
Diante deste desleixo en materia de igualdade por parte da CE, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, co-asinante da resolución conxunta aprobada durante as votacións da mañá deste mércores en relación á denuncia feita pola citada pregunta oral, reivindicou en Estrasburgo que unha política “seria e coherente” en materia de igualdade non pode demorarse máis. “Mentras estamos permanentemente falando -recriminou-, non só non estamos revisando para nada o sesgo machista co que se están aplicando as políticas actualmente, se non que nin se quera se están a desenvolver os propias estratexias acordadas”.
Segundo a enquisa realizada pola Axencia Europea para os Dereitos Fundamentais no ano 2014 sobre violencia machista na UE, un 33% das mulleres consultadas sufriron violencia sexual e física, o 18 % do total das mulleres da UE teñen sido obxecto de acoso a partir dos 15 anos de idade, 21 millóns indicaron ter sufrido agresións ou “incidentes” sexuais por parte dun adulto antes de cumprir os 15 anos. Trátase dunha situación gravísima, que se manifesta no día a día en que máis da metade de todas as mulleres que viven na UE teñen medo, e modifican os seus propios hábitos para evitar certos lugares ou situacións, por temor a ser vítimas de agresións físicas ou sexuais.
Fronte a esta situación, “o desleixo da Comisión Europea resulta non só indignante, senón mesmo alarmante”, denunciou a eurodeputada galega, “instamos á urxencia, isto non pode esperar”. “Demandamos un compromiso real de examinar xa as políticas existentes agora mesmo, tanto a nivel de igualdade como de prevención da violencia”, apremiou, “Que é o que está pasando para que nestes momentos esteamos en retroceso en materia de dereitos?”.
Asemade, Senra sinalou tamén claves da desigualdade económica entre homes e mulleres, e lembrou que “fai apenas uns meses denunciamos xa no PE que a diferenza salarial entre mulleres e homes na UE é do 16,4 %; ademais doutras claves como que as mulleres representan so o 17,8 % dos consellos de administración das grandes empresas e empregan nas tarefas domésticas máis do triple de tempo que os homes. A que está agardando a Comisión?”.
A deputada de AGEe concluíu esixindo no Pleno do Parlamento Europeo “un compromiso inmediato de analizar de xeito urxente que é o que esta a pasar cas políticas de igualdade e prevención da violencia para que non esteamos vendo avances”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



