Lugo, 3 de febreiro do 2016.- Na tarde deste mércores reuníronse na Deputación de Lugo o Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, a Directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, e o representante da familia Gil Varela, Carlos López Gil. O motivo deste encontro foi dar cumprimento ao compromiso formalizado no ano 2014 co obxecto de proceder á adquisición, por parte da Deputación de Lugo, das pezas pertencentes á colección de ourivería antiga de D. Álvaro Gil Varela correspondentes ao lote 3, tal e como foi explicitado no acordo acadado coa familia Gil Varela no seu momento.
Con esta adquisición as seguintes pezas pasan a formar parte dos fondos propios do Museo: Torques áureo de Recadieira, Torques de prata de Recadieira, Torques con remate en dobre escocia, Torques de Viveiro, Carneiro alado e un fragmento de cravo de ouro.
A colección Gil Varela foi durantes catro décadas emblema do Museo de Lugo e a súa volta ao Museo produciuse ao abeiro do acordo acadado no mes de xuño de 2014 entre a Deputación e os herdeiros do coñecido filántropo lucense. Este acordo puxo fin a 14 anos de litixios xudiciais e supón, tal e como expuxo o actual Delegado de Cultura, o nacionalista Xosé Ferreiro, “recuperar como patrimonio público para desfrute do pobo un destacado tesouro do patrimonio material galego”.
Ferreiro destacou a figura do seu predecesor, Mario Outeiro, “pola súa capacidade de traballo e negociación que permitiu este acordo coa familia, permitindo que esta colección de arte prerromano galego, unha das máis importantes do noso país e emblema do Museo de Lugo, poidese volver a ser visitada” e, engadiu, “este acordo permite tamén que a día de hoxe poidamos estar a desenvolver actividades encamiñadas á posta en valor e difusión da colección, tal é o caso da exposición que vimos de inaugurar hai uns días no Museo de Lugo “Fisuras na vitrina. Abrindo a Sala do Tesouro”.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



