Burela, 4 de febreiro de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén partirá este venres pola mañá con rumbo ás Baleares para medirse en dobre cita ao Palma Futsal e a selección anfitrioa, entre o venres e o sábado.
“Serán tres partidos que nos virán moi ben para non perder o ritmo de competición” recoñecía o técnico laranxa, que poderá contar con todo o vestiario a excepción de Mata e Iago Míguez por lesión. O 10 burelista recupérase dunha cirurxía para corrixir unha inflamación no xeonllo e o capitán mariñán aínda está convalecente dunha escordadura de nocello.
Copa Galicia
Antes de regresar á liga, o 19 de febreiro en Jumilla (21.15 horas), os laranxas disputarán os cuartos de Copa Galicia, fronte ao Bembrive FS, de Segunda B; será o martes 9 de febreiro, ás 21.00 horas. “É unha competición importante para o club e para o equipo. O noso obxectivo é seguir avanzando, aínda que sabemos que será complicado; o equipo xa tropezou con este rival noutra edición da Copa” advertía Daniel Ibañes. Xa están en semifinais Cidade de Narón e A Estrada FS, tras impoñerse o primeiro a Ou Parrulo (4-2) e Prone Lugo (0-0, nos penaltis). O mércores 10 pelexarán pola última praza Xove FS e Santiago Futsal.
– Venres 5 de febreiro: Palma Futsal – Burela Pescados Rubén, en Manacor (20:45 horas)
– Sábado 6 de febreiro: IV Trofeu Ciutat de Palma, en Son Moix. Selección Balear – Burela (20.00 horas), Selección Balear – Palma Futsal (20:45 horas) e Palma Futsal – Burela FS Pescados Rubén (21:30 horas).
-Martes 9 de febreiro: Cuartos Copa Galicia, Bembrive-CD Burela FS Pescados Rubén (21.00 horas)




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
