Lugo, 5 de febreiro do 2016.- A Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación de Lugo aprobou na Xunta de Goberno axudas por importe de 500.000 euros, estas subvencións encádranse dentro das axudas de concorrencia competitiva encamiñadas tanto a dotación de novas infraestruturas para o suministro de auga no rural como para a mellora e acondicionamento de redes de abastecemento xá existentes.
Na Liña 1, adicada a creación de infraestruturas para novos abastecementos de auga, na cal o importe máximo da axuda podía chegar aos 30.000 euros, concedéronse un total de 18 axudas por un importe total de 350.000 euros, que beneficiarán a entidades e usuarios de 16 concellos.
A Liña 2, pola súa banda, concedeu 150.000 euros para acometer melloras nas redes de abastecementos xá existentes e que podía alcanzar ós 10.000 euros por axuda, que permitirá acometer 16 actuacións ao longo de 14 concellos de toda a provincia.
O voceiro nacionalista na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, aclarou que “a Deputación de Lugo, no 2016 seguirá apoiando actuacións e inversións que axuden á mellora da calidade de vida das e dos cidadáns do rural dos Concellos da provincia., atendendo as propostas feitas directamente polas veciñas e vecinos deste ámbito, e afondando na súa participación nas decisións sobre os investimentos a priorizar nos orzamentos da Deputación”, sinalou.
“O cambio dos usos, costumes e actividades no rural fai que contar con bos subministros de auga sexa fundamental para non condicionar o seu desenvolvemento e manter o asentamento poboacional”, concluíu Xosé Ferreiro.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



