Lugo, 6 de febreiro de 2016.- A Xestora do PSOE na Provincia de Lugo celebrou este sábado unha xuntanza ordinaria do Comité Provincial para dar conta do traballo levado a cabo dende a súa constitución. Foi o 15 de outubro, cando a Comisión Executiva Federal aprobou o nomeamento dun grupo de 9 socialistas de todas as idades, combinando experiencia e renovación, e en representación de toda a provincia, para integrar a xestora lucense. Dirixir, planificar e coordinar as eleccións xerais do 20 de decembro, así como xestionar a actividade política e orgánica do Partido Socialista na provincia luguesa, son as competencias que a Comisión Executiva Federal outorgou á Xestora do PSOE na Provincia de Lugo. Os militantes e a colaboración coas agrupacións priorizaron a súa actividade durante este tempo, tal e como destacou o Presidente.
Luis Ángel Lago Lage explicou que o primeiro cometido da xestora foi organizar a asamblea xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias, na que se elixiron aos novos representantes deste organismo tras os comicios do 24 de maio. O resultado deste encontro foi que 7 Alcaldes socialistas da provincia lucense resultaron elixidos membros da Executiva e do Consello Territorial da FEGAMP logo de que o PSOE acadase nas pasadas eleccións municipais os mellores resultados da súa historia na provincia de Lugo. Trátanse dos Rexedores de Monforte de Lemos, Guitiriz, Burela, Lourenzá, Ribeira de Piquín, O Incio e Pedrafita do Cebreiro.
Coa militancia e as agrupacións
O mesmo mes de outubro, tras a asamblea da FEGAMP, a xestora continuou coa súa actividade organizando os “Encontros no Territorio”. Foron debates abertos a todos os militantes, que se celebraron por toda a provincia (Sarria, Monforte de Lemos, Cervo, O Valadouro, Chantada, Fonsagrada e Vilalba) e nos que se abordaron todas aquelas cuestións políticas de interese.
De xeito paralelo a estes encontros, a xestora iniciou a planificación das eleccións xerais do 20 de decembro. Para colaborar no financiamento destes comicios, (nos que o PSOE optou por unha campaña de “porta a porta”, é dicir, de proximidade cos cidadáns e pequenos actos), púxose en marcha un programa de subvencións para todas as agrupacións socialistas da provincia.
23,98% foi a porcentaxe de votos que acadou o Partido Socialista en Lugo nesta cita coas urnas, superando a media estatal e a das outras tres provincias galegas, e manténdose como a forza de esquerdas máis apoiada polos lucenses.
Precisamente, para xuntar máis apoio da cidadanía, a xestora puxo en marcha tras estas eleccións unha nova campaña para seguir abordando cos cidadáns o proxecto galego dos socialistas. O seu primeiro froito, pois a campaña continúa a día de hoxe, foi o incremento nun 3% no número de afiliados ao PSOE na provincia de Lugo en menos de dous meses.
Ao respecto doutras iniciativas levadas a cabo para colaborar coas agrupacións, destacan as campañas informativas sobre o catastro, o sector lácteo, os servizos sanitarios ou as infraestruturas. Isto serviu para, ademais de dar sobre estes asuntos aos veciños de distintos Concellos, levar aos Plenos locais distintas mocións en defensa dos intereses dos cidadáns.
Outros asuntos
A xestora tamén tratou as contas de 2015, así como o orzamento para este ano, ao tempo que informou sobre o calendario congresual. Este establece que o 39º Congreso Federal terá lugar en maio (entre o 20 e 22 de dito mes). Posteriormente, nun prazo inferior aos 60 días, celebraranse os Comités Rexionais e logo os Provinciais.
Todos os asuntos foron aprobado por unanimidade, nunha xuntanza na que houbo unha ampla asistencia e participación.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



