Cervo, 6 de febreiro de 2016.- O BNG – ASEMBLEAS ABERTAS en Cervo acusou ao goberno municipal de “ocultación ao pleno da Corporación de expedientes necesarios para tomar postura” sobre a petición de apoio económico da Deputación para financiar accesos ao polígono industrial de Cuíña e un descoñecido protocolo asinado coa efémera expresidenta provincial Elena Candia, segundo o cal o ente provincial debería incluír nos orzamentos 2016, 270.687,64 euros dun descoñecido proxecto para construír unha senda peonil en Sargadelos; nin o proxecto de acceso a Cuíña, nin o protocolo asinado coa deputación, nin o proxecto de senda peonil que o sustenta formaron parte do expediente polo que o PP o que estaba pedindo era un asentimento a cegas e o que obtivo foi unha abstención responsábel.
Que o PP defina as suas prioridades, ou pistas de pádel, ou accesos a Cuíña, ou senda peonil en Sargadelos. Todo non pode ser.
Ramón Luís Bernardo Insua, portavoz municipal nacionalista, acusou ao goberno municipal de cambiar as súas prioridades en función de quen goberna noutras institucións, “fai cinco meses a prioridade eran dúas pistas de pádel como así consta nun convenio aprobado na Xunta de Goberno da Deputación o 6 de outubro, agora semella que son outras e as pistas de pádel xa pasaron a un segundo plano”, afirmou o concelleiro.
Agora as prioridades pasan por reclamar a execución do acceso ao Polígono de Cuíña e unha senda peonil en Sargadelos, obras coas que estamos de acordo mais deberán aclararse porque todo non pode ser. Bernardo Insua “comparou ao alcalde cervense cun neno que o quere todo e acaba castigado na esquina de pensar para que decida se quere un sugus ou quere unha piruleta”. Ao tempo lembroulle ao Partido Popular que unha vez defina as súas prioridades deberá exercelas con responsabilidade, “ningún proxecto sairá adiante de non aprobarse os orzamentos provincias para 2015 e iso depende do seu grupo na Deputación”.
Ocultación de expedientes ao pleno e postura errática do alcalde que agora pide o que boicoteou no 2004
O portavoz nacionalista defendeu a abstención do BNG argumentando, por un lado a ausencia dun criterio responsábel á hora de reclamar investimentos da Deputación, e por outro a ocultación ao pleno de expedientes fundamentais para a toma de posición xa que nin o proxecto de acceso ao Polígono de Cuíña, nin o proxecto para unha senda peonil en Sargadelos e un suposto protocolo asinado co efémero goberno do PP na Deputación constaban no expediente. Bernardo Insua engadiu “pediulle ao Alcalde, Alfonso Villares que se aclare: no 2004 recollía sinaturas que paralizaron o acceso e agora pide que se execute o mesmo proxecto que antes boicoteou”.
Moción para o arranxo completo das estradas de competencia estatal N642 e N634
Os nacionalistas defenderon a súa moción reclamando ao Ministerio de Fomento a substitución total do firme nas estradas N634 e N642, non nos valen arranxos por parcelas porque iso non son mais que parches que non solucionan o problema. A xente da Mariña está farta de promesas incumpridas nas infraestruturas viarias da comarca, as que hai e as que están por facer, polo que non é momento para conformarse coas esmolas que nos traen de cando en vez.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



